A deputada Patricia Otero aféalle ao goberno galego os incumprimentos da Xunta coa zona, que exemplificou no engano á veciñanza ao dicir que se ía traballar para levar Altri á Mariña lucense
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2022. A deputada socialista Patricia Otero acusou hoxe ao goberno galego de esquecer e minusvalorar á comarca da Mariña ao non ter feito nada nos últimos 12 anos para darlle carácter oficial ao Camiño do Mar. A parlamentaria do PSdeG lembrou que esta solicitude foi aprobada por unanimidade ata en dúas ocasión na Cámara autonómica, así como na Deputación de Lugo ou nos municipios polos que transcorre o seu trazado.
Con todo, 12 anos despois do primeiro acordo, non se fixo “nada de nada” para outorgarlle a esa ruta xacobea un recoñecemento ao que ten “un innegable dereito histórico e cultural”. Ao tempo, lembrou que esta oficialización achegaría un pulo fundamental á hora de promover a actividade turística e a dinamización económica na comarca da Mariña.
“Vontade política, cero”, lamentou Patricia Otero antes de reiterar que “a Xunta non fai nada por apoiar o turismo na Mariña” e que, en realidade, “ao que nos ten acostumados é a boicotear o traballo que fan outras administracións”.
Como mostra disto, Otero lembrou “o engano e o ninguneo” á veciñanza da zona ao dicir que se ía traballar para levar Altri á comarca. Tamén recordou que, en 2020, o goberno galego situou en último lugar o Plan turístico da Mariña. “A Xunta puxo todos os paus nas rodas”, sinalou, “pero grazas ao bo traballo da Mancomunidade de municipios e a colaboración do goberno do Estado conseguiuse no 2021 que saíse adiante cun investimento de preto 3 millóns de euros”.
Este compromiso “forte e decidido” do goberno central coa Mariña, subliñou, permitirá desestacionalizar o turismo nunha comarca “cun potencial de crecemento enorme e con recursos naturais e patrimoniais moi importantes que cómpre poñer en valor entre todos e todas”.
Patricia Otero preguntou por esta cuestión na Comisión de Turismo celebrada esta tarde no Parlamento de Galicia. Na súa intervención lembrou que xa en 2010 se aprobou por unanimidade unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, na que xa se lle reclamaba ao goberno da Xunta de Galicia oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea. Esa mesma unanimidade repetiuse nunha proposición defendida polo PSdeG en abril do ano pasado, así como en iniciativas semellantes na Deputación lucense ou nos municipios polos que pasa a ruta.
“Doce anos despois, dous mandatos despois e varios acordos unánimes despois, a Xunta non tivo tempo de facer o que se lle encomendaba dende este Parlamento e dende outras administracións, incluso polos deputados e deputadas do PP”, remarcou a deputada socialista. “Si tiveron tempo”, ironizou, “para nomear embaixador de honra do Camiño de Santiago a Carlos Herrera; será porque non cumpriu a súa promesa de abandonar o país se ao final Pedro Sánchez era presidente”.
Patricia Otero lembrou que impulsar o Camiño do Mar é fundamental para promover a actividade turística. “Chama a atención”, engadiu, “que esta ruta quede excluída cando o seu trazado, entre Ribadeo e Neda, o convertía no punto de unión entre outros dous camiños xa recoñecidos: o do Norte e o Inglés”.
Ademais, lembrou que do seu percorrido entre Ribadeo e Cedeira consérvanse case que a totalidade de establecementos hospitalarios de atención aos viaxeiros, como os hospitais de Ribadeo, San Martiño, Cervo, Celeiro, ou Santiago de Viveiro. “Enterramentos e documentos episcopais”, incidiu, “deixan tamén testemuña histórica da pegada dos peregrinos na Mariña”.



















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



