Ribadeo, 27 de maio, 2022. Cada 22 de maio, celébrase o Día Internacional da Biodiversidade para recordar o Convenio sobre Diversidade Biolóxica firmado en 1992, no Cumio de Río de Xaneiro. Manter a biodiversidade tamén é un dos obxectivos do Pacto Verde Europeo, un conxunto de propostas para adaptar as políticas da UE en materia de clima, enerxía, transporte e fiscalidade co fin de reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro en polo menos un 55% de aquí a 2030.
O IES Ribadeo Dionisio Gamallo, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, quixo colaborar con outros sete centros galegos na difusión dos obxectivos do Pacto Verde, nunha iniciativa de EUROPE DIRECT A CORUÑA. Para iso, o alumnado de 1º ESO, coa axuda dos profesores Manel Yáñez e Susi Besteiro, elaboraron un vídeo que está dispoñible no espazo virtual Estación Verde baixo o título “Ribadeo en defensa da Biodiversidade” ou no seguinte enlace https://youtu.be/IjHs1ViSM44.
Explican a súa implicación na loita contra especies invasoras, concretamente contra a avespa asiática. Coa chegada da primavera, o alumnado fabrica trampas caseiras e atraínte para capturar ás raíñas da Vespa velutina e despois ademais de colocar trampas no xardín do instituto, cada alumno faise responsable da súa propia. Aínda que pareza mentira, cada raíña capturada, evitará o nacemento dunhas 25000 novas avespas asiáticas, que supoñen un perigo para as abellas, polinizadoras fundamentais dos ecosistemas.
Está claro que cada un de nós pode facer algo para conservar o Patrimonio Natural e a Biodiversidade e o alumnado do IES Ribadeo, anima a colaborar xa que coidando a biodiversidade, coidámonos a nós mesmos.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



