Esta iniciativa complementa a exposta semanas atrás para a instalación de redutores de velocidade no entorno da praia de Area
Viveiro, 30 de maio de 2022. A inxustificable parálise na que o goberno presidido por María Loureiro ten sumido ao municipio de Viveiro reflíctese moi claramente na falta de infraestruturas básicas, ou non mal estado das mesmas, para garantir a seguridade vial. Para intentar paliar este déficit nunha zona do concello tan significativa dende moitos puntos de vista, sinaladamente o turístico, como é Area o grupo municipal defenderá no pleno unha moción para instar ao goberno local a adoptar as medidas necesarias para construír beirarrúas dende a LU-862 ata ambas marxes da praia en toda a súa extensión.
O concelleiro popular Javier Teijeiro lembra que “hai uns meses, debido a alta velocidade á que circulan algúns vehículos por esta zona, ao parecer algúns participantes en carreiras ilegais, solicitamos a regulación da velocidade na zona cos métodos que se consideren oportunos, colocando redutores de velocidade en distintos puntos”. O mesmo concelleiro engade: “Para que a seguridade dos peóns sexa completa, cremos necesario construír beirarrúas polas que os peóns se poidan desprazar con tranquilidade”.
Teijeiro destaca que a praia de Area ten bandeira azul; está situada a 4 quilómetros da cidade de Viveiro e conta con 1.150 metros de lonxitude e un ancho variable entre 40 e 90 metros, dependendo das mareas“. Galardoada en 2014 coa ” Q” de Calidade Turística, dispón de infraestruturas adaptadas (cadeira anfibia, baños adaptados, etcétera). No seu entorno hai dous dos hoteis e restaurantes mais significativos da comarca. Area é unha zona moi frecuentada polo turismo durante todo o ano e rexistra unha alta ocupación na tempada estival.
Os populares din que nada xustifica a falta de beirarrúas en tan significativa zona de Viveiro, que só se explica pola desidia da alcaldesa, María Loureiro, e do seu equipo para dedicarse a aquelo que teñen encomendado, que é o goberno de Viveiro e, polo tanto, a solución dos problemas do municipio.




















Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.



