Viveiro, a 14 de xuño de 2022: A CIG rexeita o peche que a compañía Shangai Kaichuang vén de formular para a planta de Celeiro e a destrución de 45 postos de traballo directos, a maioría deles ocupados por mulleres (34 traballadoras fronte a 11 traballadores), así como outros 10 empregos por ETT durante as campañas. Esta medida empresarial porá fin á máis de 40 anos de historia da fábrica de Albo en Celeiro e supón o cese da última conserveira que quedaba en activo na comarca.
A mobilidade xeográfica proposta pola empresa, que entregará mañá mércores á representación social a documentación completa sobre o expediente, constitúe outro duro golpe para a economía da comarca e a desaparición definitiva dun sector que foi fundamental para A Mariña. O responsábel da CIG da Mariña, Xorxe Caldeiro, denuncia que falar de traslado ou mobilidade “constitúe un eufemismo, porque estamos diante un proceso tremendamente traumático no que se pecha a planta de Celeiro e se deixa na rúa ao seu persoal”.
Neste senso, chama a atención no feito de que máis do 80% do cadro de persoal está integrado por traballadoras cunha idade media que supera os 50 anos, con forte arraigo e vínculos familiares e sociais na comarca. “A mobilidade xeográfica que formula a empresa para levar a actividade e o persoal á nova nave de Salvaterra, a máis de tres horas e media do actual centro de traballo, resulta inasumíbel para estas traballadores e traballadores”, engade Susana Riveira, da Executiva local da CIG, quen advirte que con esta decisión se está deixando fóra do mercado laboral a moitas traballadoras, nunha idade ademais que dificulta a súa recolocación noutros sectores.
Tanto Caldeiro como Riveira destacan que a fábrica de Celeiro ten carga de traballo suficiente para ocupar a todo o persoal, e economicamente é viábel, segundo declaracións da propia compañía propietaria, que se comprometera a manter activa a conserveira tras o anunciou da construción das instalacións de Salvaterra.
Caldeiro insiste en que a factoría ten futuro e na súa perfecta situación á carón de dous portos pesqueiros de referencia, como son o de Celeiro e o de Burela. “Temos o bonito, temos a pescada pero non temos conserveiras”. Por iso, lamenta que un sector de longa tradición na comarca como o da conserva poida desaparecer de xeito definitivo.
Abundando nesta cuestión, Riveira advirte do duro impacto que o peche de Albo ten para a economía da Mariña, que “segue desangrándose, sumando cada día máis peche de empresas e destrución de empregos. Hai menos dun ano tiñamos que saír á rúa contra o desmantelamento de Vestas, agora temos enriba da mesa a desaparición doutra industria máis. Déixannos sen alternativas”, denuncia.
Por iso, a CIG defenderá o mantemento da actividade e dos postos de traballo e reclama unha aposta clara das administracións, nomeadamente da Xunta de Galiza, na defensa do tecido produtivo da comarca e a posta en marcha de políticas e medidas inmediatas que revertan o deserto industrial no que se está a converter a comarca.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



