O Deputado de Participación Cidadá deulle a benvida ás persoas participantes no encontro Demoday Obradoiros 4.0 Tools4Milk que acolleron durante esta mañá as instalacións provinciais situadas en Castro de Rei
Lugo, 27 de xuño de 2022. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, deulle a benvida este luns ás persoas participantes na xornada de Demoday Obradoiros 4.0 Tools4Milk que acolleron as instalacións da Granxa Gayoso Castro da Deputación, situadas en Castro de Rei.
García Pernas explicoulles a importancia que este lugar ten para a provincia porque “é un centro a través do que canalizamos gran parte da actuacións de apoio ao sector primario e que, a día de hoxe, é todo un referente na nosa comunidade autónoma no impulso da gandería a través da formación, da innovación e da investigación, sempre da man do propio tecido produtivo e tamén da Universidade de Santiago de Compostela”.
Así mesmo detallou que é o primeiro centro público da provincia e de Galicia que congrega actividades de formación e de investigación universitaria en torno ao sector lácteo. García Pernas expuxo que “o obxectivo é poñer a formación, a investigación e a innovación ao servizo dos gandeiros e gandeiras da nosa provincia, de todo o sector primario, e, polo tanto, ao servizo do desenvolvemento do rural”.
Puxo de exemplo diferentes instalacións que a compoñen, como a Granxa Experimental de Leite, que “é unha peza, moi importante, da Granxa Gayoso Castro, na que tamén desenvolvemos un labor importante de apoio á recría de raza Rubia Galega en colaboración con ACRUGA e na que contamos cun centro de recría de gando vacún de leite, o primeiro de iniciativa pública creado en España”. E avanzou que a Deputación ten por diante novos proxectos, como a creación dunha granxa en impulso da raza do Porco Celta, en colaboración con outras entidades.
Forte apoio ao sector primario
O Deputado evidenciou que toda a actividade que se desenvolve na Granxa Gayoso Castro centra boa parte do apoio que se ofrece dende a Deputación “ao sector primario, fundamental para a nosa provincia porque é fonte de riqueza e de emprego, fixa poboación no territorio, coida o medio ambiente e axuda á ordenación do territorio e á prevención dos incendios forestais”. E engadiu que “apostar polo sector primario é apostar polo futuro da provincia de Lugo, un futuro que pasa pola formación, pola investigación e pola modernización constante. Un futuro que pasa por xornadas coma esta”.
A Xornada
A Xornada Tools4Milk: Dixitalización da agroindustria está organizada por DATAlife Hub de Innovación Dixital para este luns. Pretende ser un espazo aberto de conversa entre asistentes e relatores para que poñan en común a súa visión da situación actual do sector lácteo e os principais retos que afronta. Logo de mesas de debate e análises fíxose unha visita á Granxa Gayoso Castro da man da directora do centro, Sonia Verdes.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


