A cita musical, que se celebrará entre o 12 e o 24 de agosto, contará este ano con máis concertos, obradoiros e actividades e percorrerá os concellos de Viveiro, Foz, Lourenzá, Cervo, Mondoñedo, Ribadeo, Barreiros e A Pontenova
Lugo, 13 de xuño de 2022. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio de colaboración co presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, no Pazo de San Marcos polo cal a institución provincial achega 12.000€ á organización do Festival Bal y Gay deste ano, que se celebrará do 12 ao 24 de agosto en diferentes concellos da Mariña Lucense.
Tomé Roca puxo en valor a traxectoria e o traballo desta fundación “para converter este festival nun referente que sitúa á Mariña e á provincia de Lugo nun lugar destacado do panorama nacional e internacional da música e da cultura”. O Presidente sinalou que “dende a Deputación compartimos plenamente a súa aposta por acercar a música clásica á xente a través de escenarios e lugares de alto interese patrimonial”. Engadiu que, polas súas características e itinerancia, “esta cita musical atrae un turismo integrado no modelo que impulsamos dende a Deputación, de calidade, sostible, de experiencias, que pon en valor o noso patrimonio”.
O mandatario provincial subliñou “a labor divulgadora que leva a cabo a Fundación Bal y Gay, que difunde o coñecemento da música e facilitan o seu desfrute para todo tipo de públicos. O Festival Bal y Gay é proba de como a cultura se pode levar a todos e convertela nun vehículo de valores”.
A novena edición deste evento, Música á beira do mar, contará cunha programación máis ampla de concertos, obradoiros e actividades para toda a familia que o ano pasado e percorrerá os concellos de Viveiro, Foz, Lourenzá, Cervo, Mondoñedo, Ribadeo, Barreiros e A Pontenova. Grazas á programación deseñada para este ano, o público que se achegue ata a Mariña poderá gozar de artistas de primeiro nivel en escenarios cun alto valor artístico.






















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



