A instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas
Cervo, 30 de xuño de 2022. O Concello de Cervo abrirá este venres, 1 de xullo, a piscina de Río Cobo.
Así o anunciaron hoxe o alcalde Alfonso Villares, quen acompañado pola tenente-alcalde, Dolores García Caramés e polo edil de Deportes, David Rodríguez, supervisou os traballos de mantemento e acondicionamento que se levaron a cabo durante estes meses pasados para que a veciñanza poida desfrutar dela neste verán.
Coa apertura da piscina de Río Cobo, o Concello de Cervo incrementa a súa oferta de ocio de cara a unha tempada estival “con múltiples alternativas para desfrutar de Cervo e de todo canto pode ofrecer á veciñanza e ás persoas que nos visiten”.
A instalación permanecerá aberta de luns a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas.
Os traballos de acondicionamento da piscina veñen sumarse aos que recentemente se executaron no local social de Río Cobo, no que se procedeu á substitución da cuberta, e á instalación dun canalón perimetral e as baixantes necesarias para a correcta evacuación e funcionamento do mesmo.
O orzamento da cuberta elevouse ata os 48.350 euros, financiados integramente polo remanente das arcas municipais.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



