Os activistas sanitarios deron unha rolda de prensa diante do centro de saúde de Burela
A Mariña 10 de xuño de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de presentar aos medios a moción que elaborou en defensa da saúde mental e que nos vindeiros días será rexistrada nos Concellos da comarca para ser debatida nos plenos municipais. Os activistas sanitarios deron unha rolda de prensa hoxe diante do centro de saúde de Burela e destacaron a situación de emerxencia que está a sufrir o servizo de saúde mental da Mariña, cunha sola psiquiatra dos tres que conforman a dotación, para atender a unha comarca de preto de setenta mil habitantes.
A ausencia dos outros dous facultativos produce unha enorme sobrecarga asistencial sobre a única profesional que existe a día de hoxe , retrasa o seguimento dos pacientes xenerando unhas longas agardas para o seu seguimento e provoca disfuncionalidade da unidade de continuidade de coidados. Alertan tamén desde o colectivo sanitario que a dotación de psicólog@s clínic@s e moi inferior á media de profesionais do Estado, imposibilitando a realización de sesións de psicoterapia que permitirían a menor prescripción de psicofármacos. Explican tamén desde o colectivo que a unidade de atención a drogodependencias de Burela (UAD) atende aos catorce concellos da Mariña xestionada polo Concello de Burela a través de subvencións en vez de estar totalmente integrada no Sergas, e formando parte dos servizos de saúde mental.
A Plataforma sanitaria insta á Xunta de Galicia a restablecer de xeito urxente o normal funcionamento do servizo
O colectivo sanitario insta á Xunta a que solucione de inmediato a situación de emerxencia asistencial que está a sufrir o servizo, substituíndo aos profesionais ausentes e mesmo que se aumenten ata acadar ratios de persoal equivalentes aos que se estan a dar no Estado.
Segundo comenta a coordinadora do colectivo, Montse Porteiro, a saúde mental constitúe un dos alicerces da sanidade pública e non se pode permitir que desde a administración sanitaria se maltrate deste xeito a pacientes tan vulnerables e fráxiles. As declaracións do presidente Rueda decindo que os problemas da sanidade son puntuais e non duradeiros no tempo, parécenos unha burla cara aos profesionais e os pacientes e reflicten que “nada mudou na Xunta coa marcha de Feixoo , se acaso a cara do seu presidente porque as políticas sanitarias siguen a folla de ruta xa marcada e que conducen a acrecentar o sufrimento dos pacientes, a continuar coa precarización do persoal e a avanzar na privatización da sanidade pública”.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



