Ribadeo, 1 de xuño de 2022. Acisa Ribadeo segue recollendo ata o vindeiro luns, 6 de xuño, fondos económicos para axudar a familia ucraína que chegou a Ribadeo hai un mes. Trátase dunha nova nai treintañera, que fuxiu da guerra xunto aos seus fillos e fillas de 2, 3, 4, 10, 11 e 14 anos.
Esta familia alóxase cunha parella ribadense, que lles abriu as portas da súa casa para que poidan emprender unha nova vida lonxe do conflito que vive Ucraina. Acisa Ribadeo agradece la colaboración de las vecinas y los vecinos de Ribadeo que han atendido nuestra llamada y que siguen realizando donaciones, cada uno en la medida de sus posibilidades”. Y añaden que “aquellas personas que quieran sumarse a esta causa todavía pueden hacerlo hasta el próximo lunes, 6 de junio, momento en el que daremos por concluida esta acción solidaria que poníamos en marcha hace un mes cuando esta familia ucraniana llegada a Ribadeo”.
O número de conta é o seguinte: ES47 2080 0140 1530 4020 1283 de ABANCA. “A la hora de hacer las aportaciones como concepto pondremos Donativo familia ucraniana en Ribadeo”, puntualizan desde Acisa.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



