Ribadeo, 22 de xuño de 2022. Ana Pontón, voceira nacional do BNG e candidata a presidenta da Xunta, visitou o concello de Ribadeo este mércores 22 de xuño para coñecer de primeira man o labor desenvolvido polas concelleiras e concelleiros do BNG de Ribadeo, con Fernando Suárez Barcia á cabeza, como alcalde, no goberno municipal.
O motivo desta visita foi coñecer de primeira man o Centro de Atención a Maiores de Ribadeo, un centro público, pioneiro en Galiza e que forma parte da rede de CAMs da Deputación de Lugo que ademáis é, sen dúbida, un equipamento no que se coidan ás persoas, un centro no que están atendidas como se merecen, nese tramo da vida en que, despois de ter dado tanto, tamén merecen ter unha vida tranquila, segura e con afecto.
Xa dentro, puido charlar coas persoas usuarias e co persoal que as atende. Coñeceu as distintas actividades que se desenvolven na Residencia de Maiores de Ribadeo (coro, actividades físicas, ao aire libre, etc.) e escoitou da man de Fernando Suárez Barcia a importante achega de toda a veciñanza, a través da mobilización cívica, na reclamación desta residencia para Ribadeo.
Ana Pontón quixo recalcar que “sabemos que este foi un proxecto que custou moito, no que se implicaron man a man o Concello de Ribadeo e a Deputación, para construílo e poñelo en marcha, un Centro de carácter público e de calidade, do que hoxe estamos todos moi orgullosos”.
E engadiu que “o noso modelo, o modelo BNG, pasa por coidar ás persoas, por un sistema público de calidade, como o que demostrou o goberno de Ribadeo, cando considerou que unha residencia pública era unha prioridade para o concello e apostou por facela realidade”.
“En Ribadeo, Fernando Suárez presidindo o Concello xunto coa participación da Deputación de Lugo decidiu non agardar por ninguén, porque tampouco había moito polo que agardar, e poñer mans á obra e como resultado desa acción de goberno temos esta magnífico Centro de Atención a Maiores que, cómpre lembralo, non contou nin con un só euro da Xunta de Galicia, que é a que ten as competencias nesta materia”.
Pola súa parte Fernando Suárez dixo que “para nós é un orgullo que a formación política que representamos en Ribadeo valore expresamente o esforzo, o traballo e a loita de todo un pobo para conseguir ver feito realidade o noso soño colectivo: unha nova residencia pública en Ribadeo, principalmente para os de aquí e a prezos asumibles para as súas economías. E ademais, como exemplo de cooperación institucional entre dúas administración distintas coma o Concello e a Deputación. Moi afastado todo do desleal goberno da Xunta que torpedeou canto puido e máis e non acabou poñendo un euro nin na creación nin na xestión, cando é da súa competencia. Van tres anos agora do inicio deste Centro de Atención a Maiores de carácter público e xestión directa compartida entre o Concello e mais a Deputación. Temos novos retos. Sabemos que un Concello debe investir en infraestruturas, camiños, rúas, etc. Pero tamén o debe facer en mocidade, en cultura e no Benestar dos Maiores. Os nosos esforzos agora están volcados na necesaria mellora que deberá ter a outra Residencia que temos, o hospital-Asilo. Veremos se desta volta a Xunta se implica. O pobo está á espera”.
Fernando Suárez e Ana Pontón estiveron acompañados por Daniel Castro, deputado do BNG no Parlamento de Galiza, Antonio Veiga, responsable comarcal do BNG-A Mariña e polos concelleiros Pablo Vizoso, Jorge Díaz e Mónica Freire.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



