Burela, 30 de xuño, 2022. Dende mañá venres, día 1, ata o día 15 de xullo, permanecerá aberto o prazo de matrícula para novos alumnos na Escola Municipal de Música de Burela.
Como en anos anteriores a escola impartitá as especialidades de canto, guitarra, violín, viola, violonchelo, contrabaixo, piano, frauta, clarinete, óboe, fagot, saxofón, trompeta, trombón, trompa, bombardino…,con prazas limitadas, así como clases de grupo de diversas formacións coma orquestra, banda, grupo de coro, grupo de Jazz e música moderna, clases de formación musical para adultos e clases de formación musical para nenos dende os catro anos.
Para formalizar a matrícula ou resolver calquera cuestión, a escola permanecerá aberta, nas datas indicadas, en horario de 10 a 14 horas nas instalacións da Rúa da Igrexa, no edificio da Casa da Xuventude. Pódese atopar tamén información en Facebook, na páxina da Escola Municipal de Música de Burela.
O vindeiro luns, dia 4 de xullo, dará comezo o XII CURSO DE MÚSICA DE VERÁN, que a Escola de Música ofrece de xeito gratuíto. Esta edición do curso interdisciplinario de verán, titulado “UN CONCERTO DE PELÍCULA” está inspirada na música de cine,e destinado a todos os nen@s dende 4 anos en , e adultos que queiran participar.
A asistencia ao curso é gratuíta, celebrándose os días 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo en horario de 10:30 a 13:00h. nas instalacións da Escola Municipal de Música, e o día 8 de xullo pola tarde haberá un concerto final no Auditorio Municipal de Burela. Durante o curso realizaranse actividades musicais, construción de instrumentos e fabricación de vestiario, asemade tamén poderán participar doutras actividades musicais organizadas dentro deste curso interdisciplinario de verán 2022. Xunto cos rapaces, os pais que desexen colaborar coa confección de vestiario poderán anotarse no boletín de inscrición.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



