Ribadeo, 24 de xuño de 2022. O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga de Ribadeo, conta coa colaboración de 12 empresas da Mariña lucense e do Occidente asturiano para impartir unha nova formación dual, o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, a partir do vindeiro curso 2022-23.
O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga, Benito Fernández Rey explica que “este é un ciclo novo, que se vai impartir no curso 2022-23 e o prazo de admisión empezou o día 23. É de Formación Profesional Dual de Grado Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas. Na FP Dual o alumnado está un período moito máis prolongado na empresa. É un ciclo de dous cursos e en cada un deles van estar 4 meses nas empresas. Son un total de 12 as firmas que colaboran co CIFP Porta da Auga para impartir este ciclo, empresas que están na Mariña lucense e no Occidente asturiano: de localidades como Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, Ribadeo, Foz ou La Caridad. Así a área de influencia principal do centro está cuberta por estas empresas, que son instaladoras e mantedoras de instalacións eléctrica, de automatismos, antenas de telecomunicacións, instalacións de fibra óptica, …”.
Benito Fernández Rey destaca que o alumnado deste ciclo de FP Dual “nos períodos que estean nas empresas, que son 4 meses en cada un dos cursos, cobran o 50 por cento de salario mínimo interprofesional ao mes; e os desprazamentos e os seguros corren a cargo da empresa, loxicamente. Así o alumno recibirá 2.000 euros en cada un dos dous cursos”.
O xefe do departamento de Electricidade do CIFP Porta da Auga engade que “é un ciclo novo, que en toda Galicia só hai outro centro, da Coruña, que o imparte, tamén por primeira vez. Ata agora esta formación non se daba en dual, só en ordinario”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



