Olalla Rodil pide ao goberno que abandone “as ocorrencias” e aplique un reparto equitativo de recursos entre os concellos que demandan urxentemente a dotación de prazas de persoal médico
Santiago de Compostela, 7 de xuño, 2022.- A viceportavoz, Olalla Rodil anunciou os asuntos propostos polo BNG na Xunta de portavoces para elaborar a vindeira sesión plenaria. Entre eles, destacou “o colapso da Atención primaria, o modelo eólico ‘depredador’ do Partido popular e unha proposta de Lei para iniciar os trámites cara un modelo de residencias de maiores contrario ao negocio da vellez das empresas amigas do Partido popular.
Rodil indicou que a grande preocupación dos galegos e galegas sitúase nas consecuencias económicas e sociais da brutal alza de prezos e neste sentido, o BNG preguntará que medidas ten previsto adoptar a Xunta de Galiza. Precisamente, onte mesmo na xuntanza da portavoz nacional do BNG con Alfonso Rueda, a líder nacionalista reclamou adoptar medidas “concretas e inmediatas” para rescatar aos sectores máis afectados. O PP, pola súa banda, insiste en “non querer adoptar medidas no marco das súas competencias e dende o BNG seguiremos reclamando que o faga.
Ademais da pregunta da portavoz nacional, Ana Pontón ao presidente, Rodil destacou outros tres asuntos: o colapso da sanidade pública e especialmente a Atención Primaria. Para a nacionalista, a solución non é pagar as casas aos médicos en Sanxenxo, mentres na Guarda teñen un médico cando precisan 8. As medidas non poden ser “ocorrencias de turno ou medidas populistas” que enfrontan aos concellos e que converten a situación “nunha poxa” para destinar máis recursos a quen máis poxa e non aos que máis necesidades teñen. A Xunta debe repartir os recursos de maneira equitativa e dende o BNG xa propuxemos mobilizar 200M€ máis para sacar a Atención Primaria do “colapso no que atopa”.
En segundo lugar, e atendendo á masiva manifestación da fin de semana contra o modelo eólico “depredador” do Partido popular, defenderemos unha proposta cara un modelo “xusto e sustentable” e solicitamos a comparecencia do Vicepresidente 1ª pero o Partido popular vetou a nosa solicitude. Dende o BNG interpelaremos ao goberno sobre as modificacións normativas que demandan máis de 200 entidade e miles de persoas para garantir un modelo “xusto para Galiza e respectuoso co medio ambiente e o rural”. Rodil explicou que de cada “100 euros da actividade eólica, só reverten en Galiza cinco euros”, segundo os datos do Observatorio Eólico de Galiza.
É preciso que o goberno protexa o noso territorio, “descarbonizar a economía” e un modelo de transición enerxética que reduza a dependencia dos combustibles fósiles pero nunca a costa dos “recursos naturais e riqueza do noso país”, remarcou, Olalla Rodil.
Na actualidade temos un modelo “depredador” do Partido popular cun único obxectivo, “seguir cebando os beneficios das súas empresas amigas” e por esta razón, mesmo paralizaron a Rede Natura durante dez anos para permitir a implantación de novos parques eólicos. Por outra parte, o Plan sectorial eólico, engadiu “está sen renovar dende hai 20 anos”.
En terceiro lugar, Rodil anunciou a defensa dunha Proposición de Lei de residencias, avalada por un gran número de sectores sociais galegos e co obxectivo de cambiar o actual modelo.
Hai dos anos, a cidadanía galega mostrou o seu rexeitamento a continuar co actual modelo de residencias de maiores tras constatar o acontecido pola crise sanitaria da COVID-19 e comprobar como golpeou duramente ás persoas usuarias dos centros residenciais en Galiza. Estes mesmos días, en Pazos de Borbén fíxose público que no centro Mi casa as persoas usuarias eran pechadas “nun galpón” para evitar que os servizos de inspeccións comprobaran que acollían a máis persoas maiores das autorizadas . Este centro, dixo Rodil, suma un gran número de denuncias do persoal traballador e dende o BNG pediremos explicacións sobre o que está acontecendo e sobre todo, a consellería de Política Social debe dar explicacións de como pode continuar aínda aberto este centro.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



