Viveiro, 4 de xuño, 2022. Veciñanza de Campo de Verdes, en Viveiro, acumulan sustos e preocupacións pola estreitez do paso que vai cara as súas casas que impide a entrada de vehículos de servizos básicos municipais. Entre eles están os camións de bombeiros, ambulancias medicalizadas e incluso o habitual servizo de recollida de lixo ao non poder entrar un camión do lixo de tamaño estándar, utilizando o Concello de Viveiro un improvisado camioneto sen equipo de compactación e que nin acude ao lugar de forma diaria.
Campo de Verdes está a vivir unha situación moi similar á da Misericordia, caso denunciado e defendido tan só polo BNG hai menos de 3 meses onde María Loureiro tamén se escudou na actual ordenanza que, segundo ela, non lle permite actuar até aprobar o PXOM.
Á concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, destaca a cómoda posición da alcaldesa onde “en lugar de buscar solucións busca a desculpa para non actuar. Tampouco co PXOM se ve unha alcaldía resolutiva, con María Loureiro demostrando falta de seriedade e contundencia para a súa aprobación, tal como xa denunciamos no seu día. Cunha media de unha reunión anual, María Loureiro di estar interesada na aprobación do PXOM.”
Ademais das excasas reunións para abordar a aprobación definitva do PXOM, hai que sumar as contradiccións da alcaldía con peticións contrarias en cada reunión, por exemplo: a alcaldesa informaba en 2019 que o PXOM que estivo en elaboración durante 10 anos era mellor abandonalo e comezar cunha nova elaboración do PXOM desde cero, para logo María Loureiro na reunión do 2020, informar de que a mellor opción era continuar coa tramitación do documento elaborado anteriormente. Dúas reunións cun ano e 3 meses de marxe, con peticións á Xunta e aos técnicos municipais totalmente contrarias.
Para Míriam Bermúdez “non se están a tomar as cousas en serio e os problemas reais da veciñanza non se están a resolver. É preciso buscar os “atallos” legais necesarios que permitan o trato indiscriminado e servizos básicos por igual de toda a veciñanza do concello.”




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



