A organización nacionalista acusa á Xunta de ocultar que a obra está sufragada con fondos europeos e de intentar facela pasar por unha financiada en exclusiva pola administración galega e exixe a rectificación
Madrid, 11 de xuño de 2022. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para coñecer as actuacións que levará a cabo o Goberno español sobre o control e rectificación da publicidade nas obras financiadas con Fondos Europeos destinados ao CEIP Gregorio Sanz en Ribadeo. A organización nacionalista demanda que non se poña en perigo o investimento, polo incumprimento da Xunta de Galiza, e reclaman diálogo entre as administracións para repoñer de maneira correcta a publicidade e cumprir a normativa.
En febreiro, o Concello de Ribadeo recibía un escrito da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, onde se trasladaba unha solicitude de consentimento para a realización dunha serie de actuacións de mellora no CEIP Gregorio Sanz -por ser o titular do inmóbel- facendo referencia ao convenio asinado polo MITMA e a Xunta de Galiza para a execución do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos financiado con fondos europeos. Neste escrito pedíase a declaración responsábel de que o Concello coñece e consente a recepción destes fondos europeos e levar a cabo esas actuacións de mellora, comunicándose así de maneira oficial a concesión dos fondos europeos asignados ao MRR para a execución desta obra.
O acordo incluía unha transferencia directa de fondos do MITMA á Galiza cun importe de 27.331.200 €, destinados a 33 actuacións de rehabilitación de edificios públicos, entre eles centros de educación infantil e primaria, institutos de educación secundaria, centros de interpretación, ou mesmo, edificios administrativos da propia Xunta.
Paralelamente, tamén se puido corroborar que este centro aparece na listaxe de actuacións de “tipo A eficiencia enerxética” cun custo total de 1.005.008 €, e 83 % do custo total, proveñen de fondos europeos. No apartado de cláusulas do convenio, aparecen os requisitos dos inmóbeis que serán obxecto de rehabilitación e tamén os deberes da Consellería en materia de publicidade.
Segundo explica a organización nacionalista, a cláusula décima di literalmente, que entre eses compromisos atópase: “Dar a adecuada publicidade, promoción e información do PIREP en canto ao financiamento das actuacións que sexan obxecto de subvención. A referida publicidade farase constar mediante a colocación dun cartel ou unha lona en obra co emblema da Unión Europea así como unha declaración de financiamento adecuado que indique «financiado pola Unión Europea‐ NextGenerationEU‐ desde o inicio das obras coa subvención concedida até o remate das mesmas.
“Hai que facer constar a participación das distintas institucións intervenientes en canta información pública se edite por calquera medio, incluídos os medios electrónicos. Así mesmo, estabelecese a obriga de instalar placas identificativas no exterior dos edificios nas cales se inclúan a referencia ao financiamento con cargo a fondos da UE” explica.
Segundo explica o deputado do BNG, o Goberno do Estado debe dirixirse “á Xunta de Galiza para que faga cumprir os seus compromisos e deberes en materia de publicidade e transparencia, co fin de non poñer en perigo os investimentos financiados con fondos europeos para a rehabilitación integral do CEIP Gregorio Sanz”. Rego quere coñecer as razóns polas que a Xunta incumpriu os apartados de publicidade e transparencia e require repoñer a publicidade da forma correcta para cumprir a normativa e non poñer en risco os fondos europeos destinados para esta obra.
“A Xunta de Galiza, como calquera outra administración, ten uns deberes en canto a publicidade e transparencia cando recibe financiamento doutras institucións; deberes que neste caso non asume por cuestións unicamente de interese electoralista” subliña Rego. Con todo, en opinión do deputado do BNG, faise evidente, que esta forma de proceder é totalmente malintencionada e irresponsábel. “Pode levar a perder fondos europeos que foron destinados á mellora das instalacións educativas das nenas e nenos ribadenses” alerta.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



