Ribadeo, 28 de xuño de 2022. O salón de plenos do Concello acolleu unha xuntanza entre o director xeral de Sepes, Fidel Vázquez, o seu equipo, o alcalde ribadense, Fernando Suárez, o concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, varios empresarios e o xerente de Acisa, Jesús Pérez. O obxectivo do encontro foi que Sepes lles presentase as novas axudas comerciais ás empresas interesadas en instalarse no polígono industrial, a resolución de posibles dúbidas e escoitar as súas impresións.
O rexedor dixo na súa intervención que “para nosoutros é moi bo día porque tíñamos unha espiña con este polígono industrial porque era moi bo, está moi ben situado, pero moi caro. Era así porque custou moito a expropiación dos terreos, porque houbo que poñerlle unha subestación eléctrica, por un chea de cousas que non veñen ao caso. Os que estaban daquela en Sepes e os que viñeron despois o que nos dicían é que o prezo era o que tiña que ser, pero así non se vendía nada. Ata que, despois de moito intentalo, puiden falar con Fidel Vázquez e co seu equipo e de hai uns meses a esta parte puidemos avanzar o que non adiantamos en 10 anos. Abriron desde Sepes unha ventá de tempo e outra de oportunidade para poder ofertar unha serie de parcelas, non todas pero si varias, nun prezo razoable, segundo o momento que nos toca vivir, aparte da posibilidade de poder facer unha compravenda tamén van poñer de maneira experimental un dereito de superficie para que o que non teña cartos para pagalo poida alugalo con opción a compra de maneira asumible”.
Suárez Barcia explicou que “entón eles quixeron vir aquí a explicarvos e a tomar nota dalgunhas cuestións, o que creo que supón unha oportunidade moi boa para que nos comenten aos que estamos nesta reunión e ademais para que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos transmita aos seus asociados as posibilidades que ofrece o polígono industrial de Ribadeo”.
O alcalde subliñou que “a celeridade e dar unha licenza de obra é practicamente inmediata porque non hai outros organismos aos que pedir informes. E nos parece moi importante que non se desaproveite esta oportunidade”.
E engadiu que “Sepes abriu no seu consello de administración estes prezos durante todo o 2022 e vamos intentar que todo o que se poida facer sexa neste ano porque no 2023 igual cambian as cousas. Entón é moi importante que se aproveite esta ventá”.
Pola súa banda, o director general de Sepes, Fidel Vázquez, indicou que “Ribadeo es un municipio con una situación muy concreta, que es que tiene suelo ya urbanizado y que el precio, como decía el alcalde, parecía una barrera para la instalación, no de grandes empresas sino de todas las medidas”.
Para Vázquez, que leva cinco meses á fronte de Sepes, “esta es la primera visita que hago y por lo tanto para mi es especial porque hemos dado un paso desde Sepes. Además de poner un precio, nosotros queremos saber qué tipo de actividades se quieren instalar, los empleos que se van a crear, etc. No vamos solo a vender suelo, sino que queremos saber las actividades que se pueden llevar a cabo”.
Sepes puxo en marcha dúas novas fórmulas comerciais para axudar á implantación de empresas no polígono de Ribadeo: unha bonificación do 35% no prezo de 14 parcelas de distintas tipoloxías ata o 31 de decembro deste ano. E a adxudicación a través do dereito de superficie. Na actualidade no parque empresarial de Ribadeo hai 43 parcelas dispoñibles.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



