O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que doce participantes se formaron en carpintaría e oito en atención sociosanitaria, combinando as clases teóricas coa realización de traballos prácticos
O Vicedo, 14 de xullo de 2022.- A Xunta de Galicia entregou hoxe os diplomas aos 20 participantes no obradoiro Terras do Sor V, promovido polos concellos de Ourol, O Vicedo e Muras e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade cun investimento de 356.000 euros.
O delegado territorial da Administración galega en Lugo, Javier Arias, participou no acto xunto cos respectivos alcaldes, onde explicou que doce alumnos se formaron durante nove meses na especialidade de traballos de carpintería e moble e oito en atención sociosanitaria a domicilio.
O alumnado deste último módulo tivo a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos na residencia Betania de Viveiro; mentres que os de carpintaría combinaron a aprendizaxe teórica coa fabricación de elementos de madeira para uso público nos tres concellos.
Así, en Ourol confeccionaron 16 papeleiras, mobiliario diverso (25 taboleiros, 50 bancos, 100 cabaletes e 30 cadeiras pregables); así como 100 metros de valado para o Paseo da Rega, entre outros. No Vicedo tamén fixeron mobles (100 cadeiras pregables, 25 bancos e 8 mesas), ademais de tres marquesiñas e dous cobrecontedores. Pola súa banda, en Muras fabricaron 60 taboleiros, 120 cabaletes, 200 cadeiras pregables, un cobrecontedor para a parroquia da Balsa e unha mesa polivalente pregable.
Arias afirmou que a achega económica da Xunta inclúe incentivos para contratar a seis dos alumnos-traballadores en empresas da contorna e de sectores relacionados coas especialidades impartidas, por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa.
Tamén explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ten pendente de resolución a nova convocatoria de axudas a concellos para poñer en marcha obradoiros de emprego, que este ano amplía o seu orzamento nun 23% ata os 42,1 millóns de euros. Ademais, nesta edición amplíase a duración ata os doce meses -agora son nove-.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



