O showcooking, que tivo lugar este domingo 24 de xullo na Praza de Abastos de Ribadeo, alcanzou o obxectivo marcado: achegar os produtos de proximidade e a gastronomía da zona aos habitantes e visitantes de Ribadeo.
Ribadeo, 25 de xullo, 2022. Decenas de persoas déronse cita na praza de Abastos de Ribadeo para gozar dunha exhibición de “Cociña en directo”. A acción, que tivo lugar no interior da Praza de Abastos de Ribadeo o pasado domingo, estaba organizada polo GDR Terras de Miranda e contou coa presenza do xefe territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, Gerardo Criado, do alcalde do Concello de Ribadeo, Fernando Suárez, e Vidal Martínez-Sierra, presidente do GDR Terras de Miranda. Todos eles coincidiron na importancia deste tipo de accións para fomentar a economía local e un mercado máis sostible.
No acto, ribadenses e visitantes puideron gozar dunha demostración gastronómica
onde os protagonistas foron os ingredientes procedentes da zona e que correu a cargo
Mar Orosa, de Bar Oviedo, que explicou e realizou unha “Sopa fría de tomate cun dado de pescada confeitada e xudía salteada”, acompañada de Javier Sánchez, presidente da
Confraría de pescadores de Ribadeo. Xuntos explicaron como se pesca a pescada no
porto ribadense, como chega aos fogares e, por suposto, como cociñala.
No showcooking tamén participou Felipe F. Barcia, da Horta de San Roque, que foi o
encargado de promocionar a tenreira galega a través dunha tapa de “Pan bao con redondo de tenreira galega e verdura en escabeche”. A el uniuse Vidal Rodriguez que, na súa faceta como veterinario, explicou as características da tenreira galega.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


