Compostela, 29 de xullo, 2022. Logo da xuntanza deste xoves pasado mantida na Moncloa polo presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, co seu homólogo do Goberno de España Pedro Sánchez, a prensa recolle con grandes titulares a “vía libre” do goberno español á asignación de 700 millóns de euros dos fondos Next Generation ao macroproxecto da multinacional pasteira portuguesa ALTRI en Palas de Rei. Esta nova chega case tres meses despois do comunicado conxunto de ADEGA, SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural), SGO (Sociedade Galega de Ornitoloxía), o Grupo Naturalista Hábitat, a AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e a FEG (Federación Ecoloxista Galega) en contra da instalación desta planta do tecido Lyocell, fabricado con fibras de eucalipto.
As dúbidas non só se disiparon neste impasse, senón que ficou claro que macroproxectos como o de ALTRI son inviables no contexto actual de secas recorrentes, e onde o consumo de auga da industria non está garantido, como está a acontecer con ENCE en Pontevedra. Por se fora pouco, a eucaliptización masiva da Galiza interior que conlevaría a instalación de ALTRI é contraria aos propios fondos Next Generation, unha vez que a súa “Compoñente 4”, titulada “Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade”, ten como preceptos precisamente conservar os valores naturais existentes, restaurar e rehabilitar ecosistemas degradados e, tamén, o non causar danos á natureza por parte dos proxectos subvencionados.
Subliñar que a área de implantación da factoría (nada menos que 122 hectáreas) acolle hábitats únicos e especies endémicas galegas. Ademais a parcela acolle ao menos oito especies consideradas en perigo de extinción en España, media ducia consideradas vulnerables en Galiza, e até 17 especies que deben ser obxecto de medidas de conservación do seu hábitat segundo a Directiva 2009/147/CE da Unión Europea. Por se isto non fora suficiente para rexeitar esta fatoría de lyocell no corazón da Galiza, dentro da parcela escollida aparecen catro especies endémicas e exclusivas (a nivel mundial) dos afloramentos serpentiníticos da área de Melide: a herba de namorar de Merino (Armeria merinoi), a magarza de Barazón (Leucanthemum gallaecicum), a santolina de Melide (Santolina melidensis) e a centáurea galega (Centaurea gallaecica).
O goberno español recoñece por unha banda que os fondos Next Generation non deben causar dano ecolóxico e, por outro, dá luz verde a este proxecto, bendicido tamén pola Xunta, e absolutamente lestivo co medio natural da comarca da Ulloa, ignorando o berro unitario dos colectivos ambientalistas galegos, apoiado con datos científicos incontestábeis.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



