O orzamento da obra supera os 47.000 euros, financiados na súa totalidade polo remanente das arcas municipais
Cervo, 11 de xullo de 2022. O Concello de Cervo está a acondicionar o camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, na parroquia de Rúa.
O alcalde, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés, e a delegada de Obras e Infraestruturas, Mali Méndez, achegáronse ata a zona, onde na compañía do pedáneo Ramón Elemparte, supervisaron os traballos que se están a executar xa na zona.
O proxecto contempla a reparación da capa de rodadura do camiño coa fin de facilitar a accesibilidade ás parcelas establecidas nesa zona. Realizarase – tamén – a apertura de cunetas para favorecer a drenaxe e a evacuación das augas pluviais do camiño, farase unha limpeza manual dos caños existentes e, por último, executaranse uns pasos de salva para dar acceso ás parcelas ás que da acceso o camiño.
O orzamento desta execución elévase ata os 47.742 euros, que correrán a cargo do remanente das arcas municipais.
Apunta o alcalde, Alfonso Villares que “esta actuación vai mellorar a accesibilidade no camiño rural que vai desde Rego de Outeiro ata a Carcova, favorecendo o paso para os veciños e veciñas ás parcelas situadas na súa contorna”.
Con esta obra –engade o rexedor- melloramos as infraestruturas nesta zona, reforzando as dotacións públicas no rural do noso municipio, que sempre ocupa un lugar preeminente dentro das liñas de actuación deste goberno “co obxectivo de equilibrar a balanza de servizos básicos entre as zonas rurais e urbanas, facilitando que para a nosa veciñanza sexa igual de atractivo vivir nun sitio que noutro”.






















A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.



