A deputada Elena Suárez lembrou que a normativa actual non permite á Xunta obrigar a ningunha empresa a cambiar as súas lexítimas decisións empresariais”
Santiago, 15 de xullo de 2022. A deputada do Grupo Popular Elena Suárez incidiu hoxe no Parlamento galego na necesidade de que a Xunta siga traballando para que os postos de traballo da conserveira Albo se manteñan en Celeiro, no concello de Viveiro. Porén, criticou que o BNG “primara a busca dun titular e os seus intereses partidistas fronte á defensa dos traballadores e traballadoras, sen ter en conta as limitacións da Xunta á hora de poder intervir neste problema laboral”.
Elena Suárez lamentou que o BNG rexeitara “consensuar un acordo no Parlamento galego e trasladar aos traballadores e traballadoras de Albo en Celeiro que estamos unidos na defensa dos seus postos de traballo”, cando os nacionalistas galegos “son coñecedores de que a Xunta non pode facer trámites porque a normativa actual non permite obrigar a ningunha empresa a cambiar as súas lexítimas decisións empresariais”.
FACILIDADES DA EMPRESA
“Lamentamos a decisión da empresa de pechar o centro de traballo de Albo en Celeiro sen telo comunicado previamente ao Goberno galego, e reclamamos facilidades á empresa ante unha eventual transmisión da actividade e para garantir o mantemento dos empregos na comarca”, apuntou.
Neste sentido, a deputada popular salientou os contactos que a Xunta vén mantendo desde o primeiro momento co Comité de Dirección da empresa e coa representación dos traballadores, así como con outras empresas para manter a actividade desta planta conserveira. “Desde o punto de vista laboral, o informe xustificativo aportado pola empresa para iniciar esa mobilidade dos traballadores e traballadoras está moi pouco fundamentado, ademais de que consideramos que se trata dunha medida moi agresiva que non garda proporción coa causa produtiva alegada”, manifestou.






















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



