Pon en valor os preto de 300 mozos e mozas que se animaron a traballar no sector agrario coa última convocatoria de axudas do Goberno galego para incentivar esta remuda xeracional

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Medio Rural, José González, visita a explotación de vacún de carne Facenda Currodeguas e Saragás
Abadín, 22 de xullo de 2022.- O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a Xunta investirá este ano máis de 37 millóns de euros en axudas para promover a incorporación da mocidade ao sector agrario galego e para as que, segundo informou, xa se teñen recibido 500 solicitudes.
“O futuro do noso rural está na xente nova”, remarcou o titular do Executivo galego, tras visitar en Abadín (Lugo) a explotación gandeira Facenda Currodeguas e Saragás, de Lidia Díaz Otero, beneficiaria hai catro anos deste tipo de axudas da Xunta para a súa granxa de vacún de carne, que vende baixo a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega Suprema, IXP da que o presidente enxalzou a “súa calidade”.
Rueda puxo en valor a aposta polo rural que fai a xente moza, como a da explotación gandeira que hoxe visitou, porque considerou que coa súa decisión persoal de emprender e botar raíces nas aldeas e vilas axudan a afianzar poboación e a dinamizar a economía da zona grazas aos seus proxectos empresariais.
O presidente do Goberno galego lembrou que desde sempre o sector primario é unha actividade cun peso importante na economía de Galicia, que conta co apoio da Xunta para axudar a contribuír a que “cada vez máis” a mocidade se asente e faga do rural o seu modo de vida. Neste senso, salientou que a última convocatoria resolta de 2020 para a incentivar a incorporación da xente nova ao agro tivo como resultado que 280 mozos e mozas comezasen a traballar no sector agrario.
O titular do Executivo galego defendeu este tipo de axudas para seguir contribuíndo á remuda xeracional e amosou a satisfacción por que aumente o interese da mocidade galega polo agro.
Ademais destas axudas, o Executivo galego conta con iniciativas para dotar o rural de todos os servizos necesarios para mellorar a calidade de vida da súa poboación, entre as que puxo como exemplo o programa Coidados Porta a Porta, o servizo de biblioteca móbil, a rede de casas niño para facilitar a conciliación ou o desconto nos billetes de autobús interurbano, aprobado onte no Consello da Xunta.





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



