José Tomé participou este luns na cidade portuguesa de Maia na reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico
Lugo, 4 de xullo de 2022O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou na reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico celebrada este luns na cidade portuguesa de Maia para dar conta e seguir impulsando as liñas da actuación da entidade transfronteiriza. José Tomé forma parte deste órgano como presidente da Comisión de Cohesión Social, cuxa constitución tivo lugar no mes de marzo na propia Deputación de Lugo.
O mandatario provincial destacou a importancia de continuar desenvolvendo no marco do Eixo Atlántico accións encamiñadas a favorecer a cohesión social, “algo imprescindible para fixar poboación no territorio e facer fronte ao reto demográfico”. Neste sentido, o Presidente puxo en valor iniciativas que impulsa a Deputación de Lugo, como o modelo de centros de atención a persoas maiores, que “garante o benestar dos usuarios e das súas familias, favorece o arraigo e, ao mesmo tempo, ten un retorno económico e crea emprego”.
Na Comisión Executiva celebrada hoxe acordouse celebrar a próxima reunión deste órgano o día 28 de novembro, na cidade de Lugo, un encontro onde o Eixo decidirá a localización da vindeira Asemblea Xeral.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



