Burela, 4 de xullo, 2022. A partir do día 12 ata o 27 de xullo, todos os nenos e nenas terán a oportunidade de asistir a estas xornadas de captación, nas cales poderán demostrar o seu mellor nivel para ser tidos en conta polos adestradores do clube.
As categorías comprendidas nestas xornadas son, en primeiro lugar, alevín, infantil, cadete e xuvenil feminino. En segundo lugar, infantil, cadete e xuvenil masculino. Os xogadores ou xogadoras menores de 18 anos que se atopen nesta franxa, van ter a posibilidade de dalo todo nas xornadas e se a súa actuación é destacable, poderán contar na base do equipo a tempada que vén.
Esta actividade primordial para o club, ten como obxectivo incorporar talentos á escola e dotar á base de xogadores e xogadoras de calidade.
As xornadas teñen outro propósito a parte do que estamos a mencionar, que é transmitir aos asistentes os valores máis importantes asociados ao deporte, os cales serán aprendidos a través de grandes profesionais.
A inscrición é en liña a través da páxina web do club: https://burelafs.org/o-club/xornadas-captacion/
CATEGORÍAS
• ALEVÍN FEMENINO (nacidas en 2011-2012)
• INFANTIL MASCULINO e FEMENINO (nacidos/as en 2009-2010)
• CADETE MASCULINO e FEMENINO (nacidos/as en 2007-2008)
• JUVENIL MASCULINO e FEMENINO (nacidos/as en 2004-2005-2006)
DÍAS E HORARIOS DE ADESTRAMENTO – EQUIPOS FEMENINOS
Cadete/Xuvenil – Martes en Vista Alegre (12, 19) y xoves no Monte Castelo (14 e 21), de 11:00 h a 12:15 h.
Martes 26 de Julio en Monte Castelo de 16:00 h a 17:15 h
Alevín/Infantil – Martes en Vista Alegre (12, 19) y xoves no Monte Castelo (14 e 21), de 12:15 h a 13:30 h
Martes 26 de Julio en Monte Castelo de 17:15 h a 18:30 h
DÍAS E HORARIOS DE ADESTRAMENTOS – HORARIOS EQUIPOS MASCULINOS
Juvenil – Mércores no Monte Castelo (13, 20) e venres en Vista Alegre (15 E 22) de 10:30 h a 11:30 h
Mércoles 27 de 16:00 h a 17:00 h
Cadete – Mércores en Monte Castelo (13, 20) e venres en Vista Alegre (15 E 22) de 11:30 h a 12:30 h
Miércoles 27 de 17:00 h a 18:00 h
Infantil – Mércores en Monte Castelo (13, 20) e venres en Vista Alegre (15 E 22) de 12:30 h a 13:30 h
Mércores 27 de 18:00 h a 19:00 h

























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 

