O Deputado de Participación Cidadá, o Alcalde fonsagradino e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro inauguraron a mostra, que poderá visitarse ata o 30 de agosto no Instituto Vello do municipio da Montaña
Lugo, 18 de agosto de 2022. O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, e o presidente de CEGASAL, José Antonio Vázquez Freire, inauguraron este xoves no Instituto Vello da Fonsagrada a mostra itinerante Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas, centrada na inserción laboral das persoas con discapacidade. Esta exposición, impulsada pola institución provincial en colaboración coa Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), conta con 24 fotografías realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva.
Roberto García Pernas destacou no acto a importancia de apoiar iniciativas dende a institución provincial que permitan “dar visibilidade e poñer en valor o traballo que levan a cabo as persoas con discapacidade nas empresas, pero tamén o papel das propias empresas, un aspecto moi importante para lograr a súa inclusión plena, en igualdade de condicións, a nivel social e laboral”.
“Esta colaboración forma parte da nosa aposta polas políticas sociais, que son xa unha sinal de identidade da Deputación de Lugo. O noso compromiso neste sentido, moitas veces suplindo as responsabilidades doutras administracións, visualízase ben nas cifras dos Orzamentos, dos que dedicamos máis dun terzo, 34M€, a este tipo de accións”, valorou o Deputado.
Ata o 30 de agosto, A Fonsagrada acollerá esta exposición, que xa pasou polos concellos de Monforte de Lemos, Vilalba e Viveiro, e que nas vindeiras semanas recalará en Foz e Lugo. Coincidindo coa última parada desta mostra, que terá lugar en setembro no Pazo de San Marcos, haberá unha xornada de formación sobre os Centros Especiais de Emprego que será aberta á cidadanía.
García Pernas animou á veciñanza a visitar esta exposición, que demostra que “estes traballadores e traballadoras son un exemplo claro de que é posible promover unha cultura empresarial que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico”.
Cegasal
Cegasal é unha organización que se constituíu en Galicia en 1997 co obxectivo de fomentar o emprego de calidade para as persoas con discapacidade e risco de exclusión social. Agora mesmo, Cegasal conta con 35 centros especiais de emprego asociados, isto é, empresas de titularidade privada nas que polo menos o 70% do cadro de persoal está conformado por traballadores e traballadoras con discapacidade. No seu conxunto facturan uns 44M€ anuais.
Na provincia de Lugo, Cegasal conta con dous centros especiais de emprego, Grafinco e Produtores de Carne da Ribeira Sacra, que dan emprego a preto dunha vintena de persoas con capacidades diferentes.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



