Cervo, 18 de agosto, 2022. A novena edición de o‘Festival Bal y Gay’ viviu este día 17 una das súas actuacións máis especiais coa presenza de Dúo do Valle, referencia europea na música de cámara tras 20 anos de carreira, na Casa da Cultura de San Cibrao en Cervo ante 250 espectadores, que esgotaron as entradas para o evento. O dúo composto polos pianistas Víctor e Luís do Valle entusiasmou cunha intensa viaxe emocional propiciado pola súa extrema sensibilidade e máxima expresividade. Un singular percorrido que visitou obras de Mozart (Andante e Variacións para piano a catro mans KV 501), Schubert (Variacións sobre un tema orixinal en D.813 para piano a catro mans), Bennet (Variacións sobre ‘Liliburlero’ para dous pianos) e Ravel (Ma mère l’oe -versión para dous pianos- e A Valse -versión orixinal do autor para dous pianos-).
Andreas Prittwitz, nome esencial da música popular española nas últimas décadas, mostrará ‘Lookingback’ este día 18 en Leira Goleta de Foz (20:30 horas, entradas esgotadas). Un proxecto que pon de manifesto a súa visión persoal sobre a música barroca, combinando instrumentos antigos con instrumentos modernos, jazz e improvisación. O programa inclúe obras de Attaignant, Sanz, Simpson, Ravenscroft, Frescobaldi, Bach, Veracini, Corbetta e Monteverdi. “El Festival Bal y Gay tiene muchísimo renombre en toda España con grandes artistas y programas muy interesantes. Para nosotros es un gran honor haber sido invitados”, resaltou Prittwitz ao redor deste concerto ao que acudirá en formación de quinteto.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



