Compostela, 26 de agosto, 2022. Unha comisión técnico-xurídica da organización ecoloxista ADEGA desprazarase a Bruxelas a vindeira semana, os días 31 de agosto e 1 de setembro, convidada pola europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, co obxecto de presentar ante a Comisión Europea dúas denuncias contra o Estado español e a Xunta por vulneraren o dereito comunitario nos procedementos de autorización de instalacións eólicas en Galiza.
Nesta visita, ADEGA ademais exporá un informe xurídico no que se analiza a evolución histórica desde un punto de vista legal da implantación de proxectos de produción de enerxía eólica no país, e de que xeito tivo lugar ao marxe e contraria á normativa europea aplicable.
No tocante ás denuncias, presentará dous documentos, un deles atinxirá á vulneración dos dereitos da cidadanía en materia de acceso á información e participación pública en relación aos proxectos eólicos en tramitación. O outro denunciará o incumprimento das directivas comunitarias en materia de protección do medio ambiente.
O obxectivo destas accións é chamar a atención das autoridades europeas, en concreto da Comisión Europea, para que investigue o marco normativo no que se ampara a implantación eólica en Galiza e analice se desde os gobernos do Estado e a Xunta se incumpren as directrices europeas nas materias sinaladas, polo cal ADEGA instará á CE a que adopte as medidas de apercibimento ou sancionadoras que correspondan.
Así mesmo, ADEGA achegará o sentir de boa parte da sociedade galega de rexeitamento ao actual modelo enerxético que se puxo en total evidencia nas últimas mobilizacións sociais convocadas pola Coordinadora Eólica Así Non.
En representación de ADEGA, acudirán a Bruxelas o secretario técnico da organización, Fins Eirexas, a secretaria executiva, Belén Rodríguez, e o vogal de Dereito de ADEGA, Fernando de Abel Vilela, xunto co seu equipo legal.



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



