As sesións realízanse na Praza do Concello todos os mércores de agosto a partir das 20:30 horas, e non é necesario inscribirse previamente. A actividade está impartida por Belinda Canoura, do ximnasio Hawk, que ensina con esta disciplina unha forma novidosa, divertida e sociable de facer exercicio, redundando positivamente na forma física, a saúde, a coordinación e a expresión corporal. O edil de Deportes, Ramiro Fernández, anima desde o concello a participar desta actividade que “contribúe a manter a forma entre os veciños no período de vacacións, aprendendo unha forma divertida a través do baile a facer algo de deporte”.
Continúa o programa de Fit Dance todos os mércores de agosto na Praza do Concello de Burela
Continúa o programa de Fit Dance todos os mércores de agosto na Praza do Concello de Burela
Relacionado
-
O BNG insta desde A Mariña á Xunta á modificar a lei de portos de galicia para eximir aos concellos e entidades sen ánimo de lucro do pago pola utilización dos terreos portuarios
-
665 persoas palillarán este sábado no XIV Encontro de Burela
-
O Concello de Burela pon en valor o envellecemento activo na última sesión de ximnasia para persoas maiores este curso