Foz, 18 de agosto, 2022. A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, asistiu esta tarde ás inauguración da Feira do Libro de Foz, instalada na Praza Conde Fontao ata o vindeiro domingo.
No acto, no que interviu como pregoeira a escritora burelà Antía Yáñez, Maite Ferreiro manifestou “o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a estes formatos de feira ao aire libre, que dinamizan as vendas das librerías e crean un ambiente propicio para o achegamento á lectura por parte de todos os públicos, con presentacións, sinaturas de libros e actividades de promoción da lectura” e, tomando como referencia a figura do recentemente falecido Suso Fernández, da Librería Bahía de Foz, recoñeceu “a achega de libreiros e libreiras á vida cultural das nosas vilas”
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén unha colaboración anual Federación de Librerías de Galicia para apoiar as feiras que se celebran na xeografía da provincia ao longo do ano. Ademais, toma parte nelas coa presenza dun posto Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, que canaliza as distintas iniciativas relacionadas co libro que desenvolve a área de Cultura, a través da edición ou da colaboración con firmas editoriais, cinguíndose neste eido a publicacións, estudos e ensaios sobre a historia, a etnografía, a arte, a arqueoloxía ou o patrimonio das distintas comarcas da provincia. Estas publicacións, que poden ollarse no posto institucional, poden adquirirse logo nas casetas das librarías instaladas na feira.
Ademais, o programa da feira inclúe a presentación de dúas das últimas publicacións participadas pola Vicepresidencia da Deputación: “Ciencia e conciencia. Historia social” de Fernando Villapol e “O segredo dos trasnos” de Xosé Manuel Espiño.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



