Volverán as actividades de degustación gastronómica e existirá unha ambientación simbólica con marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral
Mondoñedo, 8 de agosto de 2022. Mondoñedo celebrará o XXX Mercado Medieval, unha edición simbólica, os días 12, 13 e 14 de agosto. Unha edición marcada pola volta á normalidade na celebración dunha festa histórica e de Interés Turístico Galego, que ademais é das máis antigas do seu xénero en Galicia. Polo tanto, volverán as actividades de degustación gastronómica e haberá unha representación ambiental e simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral, onde se recreará a imaxe da cidade na Edad Media.
O sábado 13 de agosto ás 12.00 horas terá lugar o pregón que correrá a cargo de voluntarios do Mercado Medieval. Dito pregón realizarase desde o balcón da antiga Casa Consisterial, situada na Praza da Catedral. Tras o pregón terá lugar o acto simbólico da Porta Medieval “A Fonte”. Durante este día haberá actividades como a exhibición de cetrería, o combate e adestramentos de cabaleiros, o Gran Torneo Medieval e a Cea posterior. Para amenizar as rúas celebraranse tamén concertos de música mediaval e actuacións de teatro. O lugar no que se poden ver estos actos será na Praza da Catedral e a Praza do Seminario.
O domingo os veciños e a xente que se acerque a Mondoñedo poderá seguir desfrutando das mesmas actividades. Sen embargo, ás 13:30 celébrase a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella, unha actividade que non se pode perder ninguén pola súa historia e tradición.
Durante estes días poderase disfrutar tamén de demostracións e vendas de productos artesáns e típicos da terra e degustacións gratuitas de liscos, pan, viño e cervexa. Ademáis haberá unha exposición e demostración de oficio de cantería, cerámica, serigrafía, lá emonicreques de obradoiros mindonienses na Praza da Catedral. En relación aos postos de venta, son un centenar os habilitados que terán a súa ubicación marcada previamente. Durante toda a fin de semana haberá preto de 80 actividades distintas para o disfrute de todos aqueles que se animen a visitar o Mercado Medieval.
O Concello de Mondoñedo agradece á asociación Pasatempo e a Amigos do Mercado Medieval toda a súa aportación constante, compromiso e colaboración coa posta en valor da historia da cidade e co Mercado Medieval.





















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



