A Xunta financia todos os concertos de Ribadeo como o de Baiuca ou a Penúltima Sabinera
Ribadeo, 30 de agosto de 2022. A Xunta de Galicia apoia as patronais na honra de Santa María do Campo de Ribadeo, que comezan a vindeira fin de semana, a través do patrocinio de concertos, espectáculos de animación na rúa e vídeo mupis informativos. Estes son algúns dos actos dun programa festivo que deseñou a comisión de festas, con quen hoxe mantivo unha reunión o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Entre as propostas de ocio que contaron coa colaboración económica da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e da área de Política Lingüística, Javier Arias destacou o concerto da Penúltima Sabinera, o mesmo día de arranque das patronais, o próximo sábado 3; a animación na rúa con grupos como O Cuarteto de Illa Pancha e Festicultores; a edición do libro de festas, e o patrocinio dos vídeo mupis informativos. Ademais, o delegado territorial sinalou que “na procura de ofrecer propostas para todos os gustos e variedade, e como antesala ao inicio das patronais, este venres promovemos o concerto de Baiuca”, que terá lugar ás 22.30 horas, na praza de España.
Pola súa banda o voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destacou o gran traballo que fixo a comisión organizadora “para facer posible unhas boas festas para Ribadeo”. O popular explicou que “desde o inicio fixemos un traballo conxunto para poder axudar e así conseguir a financiación da Xunta de Galicia, por eso queremos felicitar a estes rapaces polo se esforzo e polo cariño que amosan por Ribadeo”.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



