Os populares defenderon no pleno deste xoves a súa proposta que recolle a posta en valor da propia edificación e elementos etnográficos, habilitando espazos para o torno e unha mostra da bibliografía dos veciños ilustres
Xermade, 12 de agosto de 2022. O Grupo Municipal Popular de Xermade instou ao goberno local no pleno deste xoves a facer un estudo “real e realizable” para deseñar un proxecto para a casa reitoral de Santa María de Xermade.
Os populares propoñen que o Concello conserve os locais de valor cultural existentes na planta baixa do edificio -unha bodega do forno, unha cociña con lareira e unha corte con estrume de maraña- polo seu valor cultural, didáctico e antropolóxico e completar a posta en valor da construción con elementos etnográficos do medio rural galego dos séculos pasados.
Así mesmo, consideran que “na primeira planta hai cabida para outras mostras da nosa riqueza etnográfica e histórica. De feito, a propia construción é amosa a forma de tabicar nas antigas vivendas”. Tampouco se debe descartar habilitar un espazo para o torno e a madeira servindo como enlace físico coa Aldea Artesán da Fraga, de Cazás. Igualmente, dende o PP local apostan por “crear un espazo para a mostra da bibliografía dos nosos veciños ilustres -Villares, Mouriño, Guerreiro…- sen pretender substituír á biblioteca pública municipal”.
Tras as sucesivas declaracións do alcalde propoñendo distintas actuacións para acometer na antiga casa reitoral; o voceiro, Antonio Riveira, pediu que “se esqueza de transformar un edificio de importante valor arquitectónico nun local diáfano carente de contido etnográfico e antropolóxico”.
Riveira lembra que “primeiro o alcalde non quería saber nada da casa reitoral. Despois, tras ser adquirida pola institución provincial, propuxo facer unha mestura entre local etnográfico e un auditorio na primeira planta. Noutra ocasión, falaba dun espazo museístico na primeira planta e o auditorio na planta baixa e, ultimamente, destinalo a exposición de tornería”.
O popular condena “a falta de criterio” do goberno local e, o que é máis grave, “a difusión de ideas sen contar cos estudos necesarios e a opinión dos técnicos”. De feito, lamenta que “non se parara a pensar na destrución dos elementos arquitectónicos que suporían as obras para acondicionar toda unha planta como auditorio nin no cumprimento da normativa en materia de seguridade”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.


