José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela explican que o problema, que se repite ano tras ano, obedece, por un lado, ao déficit de examinadores e, por outra parte, ao método que aplica a DGT para limitar o número de alumnos a examinar
Lugo, 27 de agosto de 2022. Dispoñer de permiso de conducir constitúe, máis que un desexo vinculado ao ocio, unha necesidade, que en moitos casos se converte en condición necesaria para o acceso a postos de traballo. O verán é o tempo elixido por miles de mozos para obter o carné de conducir. O déficit de examinadores e o sistema establecido para limitar o número de alumnos a examinar está a crear problemas en toda España, e a provincia de Lugo non é allea a eles. Os senadores populares por Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela presentan unha batería de preguntas ao Goberno en relación con este asunto, entre outras cousas para saber se ten pensado poñer en marcha algunha medida para solucionar o problema das listas de espera na provincia de Lugo e para evitar que volva suceder o próximo verán.
Os senadores populares explican que “igual que o verán pasado, este ano multitude de alumnos da provincia de Lugo que están preparados para examinarse do carné de conducir non poden facelo porque se atopan nunha longa lista de espera”. Indican que este problema, “que está a provocar un verdadeiro colapso en moitas cidades españolas, afecta tamén a Lugo e a situación é preocupante porque gran cantidade de mozos e mozas aproveitan o período estival para presentarse ao exame de conducir e, ademais, moitos deles están pendentes de conseguir un emprego para o cal precisan ter o carné de conducir”.
Arza, Barreiro e Lorenzo Varela destacan que “segundo as autoescolas lucenses, o problema obedece a dous motivos fundamentais: por unha banda, á falta de examinadores (Lugo só conta con 7 para toda a provincia, e algúns deles atópanse de vacacións nesta época do ano); doutra banda, ao sistema que emprega a DGT para limitar o número de alumnos a examinar (método CAPA), e que limita tanto a capacidade produtiva como a actividade profesional das autoescolas, sobre todo en épocas do ano con gran demanda, como é o verán”.
Os populares queren saber como xustifica o Goberno que só haxa sete examinadores da DGT dando servizo a toda a provincia de Lugo. Preguntan por que o Goberno non soluciona o problema das listas de espera para acceder ao exame de conducir, porque é un problema que se vén repetindo ano tras ano na provincia de Lugo.
No PP interésanse por saber se o Goberno considera que o método CAPA empregado pola DGT para limitar o número de alumnos que se van a examinar do carné de conducir dificulta o acceso dos alumnos lucenses á proba, particularmente en épocas como a estival.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



