Francisco Mon lamentou a falla de sensibilidade e de empatía do PP, trala celebración da sesión plenaria de xullo, “na que votaron en contra de dúas iniciativas para demandar melloras sanitarias na vila”
Cervo, 1 de agosto de 2022. O Grupo Municipal Socialista de Cervo lamentou hoxe a falla de sensibilidade e de empatía do PP, trala celebración da sesión plenaria do mes de xullo, na que votaron en contra das dúas iniciativas para demandar melloras sanitarias no Concello, tal e como denuncia a propia veciñanza.
O Voceiro Socialista, Francisco Mon remarca en primeiro lugar que o PSdeG defendeu unha moción, polo tramite da urxencia, “coa que demandabamos cubrir totalmente o cadro de persoal sanitario e as prazas existentes nos dous centros de saúde do Concello. Pero lamentablemente ao Alcalde e aos seu equipo de Goberno este asunto non lles parece prioritario, xa que nin sequera se dignaron a debatelo e incluílo na orde do dia”, critican.
Os socialistas manteñen que “a política de recortes e desmantelamento da Sanidade Pública levada a cabo polo Partido Popular ten afectado dun xeito considerable á provincia de Lugo e moi en particular o Concello de Cervo”. O Voceiro explicou que o centro de saúde de San Cibrao tiña 3 médicos, “pero debido as xubilacións, baixas e vacacións, actualmente só queda un, polo tanto entre os dous centros de Cervo só hai dous médicos cando tiña que haber un en Cervo e 3 San Ciprián. Agora, a Xunta do PP deixa sen médico dous días á semana o centro de Cervo, para trasladalo a dar consulta a San Cibrao, obrigando a tódolos pacientes a desprazarse ata alí tamén”. Ademais a propia veciñanza denuncia publicamente que existe unha demora nas citas de 4 a 10 días. E insisten nas súas criticas “non se poden ignorar ás preto de 1000 queixas que formularon as veciñas e veciños a través da Plataforma sanitaria”.
Hai que escoitar aos veciños e darlles solucións
“Hai que escoitar aos veciños e darlles solucións”, sianlan dende o PSdeG. O Alcalde, Alfonso Villares volve a darlles as costas a xente do seu Concello tal e como fixo no año 2013., cando o goberno do PP na Xunta, quixo cerrar o centro de saúde de Cervo, “pero ante a mobilización e a loita veciñal púidose manter, ainda que castigaron o centro de saúde de San Ciprián quitándolle un médico. A súa actitude de pasividade é a mesma que naquelas datas, só que agora quere trasládarlle a culpa o goberno de España, cando a competencia en materia sanitaria na nosa comunidade é da Xunta e do Goberno do PP”.
Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña
Pero ademais nesta mesma sesión plenaria, a orde do dia tamén incluía unha iniciativa sobre o servizo de saúde mental na comarca que rexistrou a Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña., na que tamén votaron en contra argumentado que a exposición de motivos non era certa ou era inexacta.
O voceiro socialista, Francisco Mon alude as cifras e sinala que no último Goberno de Touriño no 2009, había contratados 9.610 médicos na Atención Primaria . E actualmente co Goberno do PP no último orzamento constan 8.634, polo tanto son 976 profesionais menos, “Estes son os datos reais e as cifras do PP, recortes, retrasos e paralizacións”, insisten.
Agradecemento aos sanitarios
Por último, o Grupo Socialista quere deixar constancia da profesionalidade e do sobreesforzo de todo o persoal da sanidade pública galega. “As súas demandas, coma as queixas que presentan tamén os doentes, non poden ser ignoradas polo Goberno da Xunta, que carece dun modelo sanitario racional que de resposta ás necesidades da poboación, como acontece no concello de Cervo”.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



