O dispositivo móbil colocarase na entrada principal do Hospital da Mariña, de 11 a 13 horas
A Mariña 2 de setembro de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) retoma a súa actividade habitual tras un pequeño descanso estival, e desprazarase á entrada principal do Hospital da Mariña o próximo martes 6 de setembro de 11 a 13 horas. Os activistas sanitarios a maiores de informar, redactarán reclamacións sobre agardas excesivas para consultas, probas diagnósticas ou intervencións e daranlles posteriormente rexistro oficial.
Simultáneamente farase unha recollida de sinaturas para a ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria
A Plataforma Sanitaria fará coincidir este dispositivo móbil coa recollida de sinaturas para levar ao Parlamento a ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. Esta ILP, que foi presentada na comarca o pasado 12 de xullo ante os medios de comunicación, tenta a recollida dun mínimo de dez mil sinaturas para poder ser debatida en sesión parlamentaria. O texto incide en medidas tan importantes como a mellora da estrutura e funcionamento dos centros de saúde, urxencias hospitalarias e servizo de ambulancias, garantir a presencialidade e calidade na atención primaria, dotar de autonomía a xestión de Atención Primaria, garantir e fomentar a participación cidadá, rematar coas listas de agarda en primaria ou proporcionar unha atención sanitaria en igualdade eliminando a fenda de xénero na atención sanitaria , entre outras.
Desde o colectivo sanitario animamos ás veciñas e veciños con excesivos atrasos na súa atención, que se acheguen o proximo martes ata a entrada principal do hospital para facer efectiva a súa reclamación. A coordinadora da plataforma, Montse Porteiro, fai tamén un chamamento á poboación mariñá para que “ acudan de forma masiva a apoiar coa súa sinatura esta ILP que salve a Atención Primaria do abismo no que está sumida”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.

