Súmanse aos 16 obradoiros duais que xa foran concedidos dentro da convocatoria deste ano e que están comezando a poñerse en marcha
Lugo, 23 de setembro de 2022. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 2,5 millóns de euros a financiar cinco novos obradoiros duais de emprego na provincia de Lugo tras aprobar unha ampliación do crédito da convocatoria de 2022, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Así o anunciou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, quen explicou que grazas a este incremento concédense dous programas individuais – Restauración e arquivo dixital en Monforte de Lemos e Camiño de Santiago III en Sarria – e tres compartidos – Vía Künig IV, impulsado polo concello de Becerreá asociado con As Nogais e Baralla; Ponte de Areas VI, que comparte O Páramo con Guntín e O Corgo; así como Eo-Navia III, que promove A Pontenova coa Fonsagrada e Negueira de Muñiz -.
Cada iniciativa percibirá unha axuda autonómica de 503.987 euros e contará con 20 prazas para o alumnado, ademais das destinadas a persoal de dirección, administración e docentes.
“Deste xeito a Xunta aproba todas as solicitudes presentadas na provincia de Lugo”, subliñou Arias, quen lembrou que na primeira fase, resolta no mes de xullo, xa foran concedidos 16 obradoiros cun investimento de 8,2 M€.
“Finalmente a provincia contará con 21 novos talleres que suman 10,7 millóns de euros e benefician a 57 concellos, polo que o 85% dos municipios lucenses terá este ano un obradoiro dual financiado polo Goberno galego”, apuntou.
Afirmou que a súa posta en marcha suporá a contratación de 420 persoas desempregadas que recibirán formación durante un ano, xa que unha das principais novidades nesta edición é que a duración da actividade aumenta dos 9 aos 12 meses.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



