As obras en execución comprenden a canalización das tubaxes e a construción dun novo conxunto de depuración
Riotorto, 29 de setembro de 2022. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina 50.000 euros á segunda fase das obras de saneamento que se está a executar en Galegos, no municipio de Riotorto.
As obras, realizadas polo concello con financiamento de Augas de Galicia, consisten na construción dunha rede de colectores que canalizarán as augas residuais cara a un punto de vertido onde se situará o conxunto de depuración. Completarase así o servizo en todo o núcleo, atendendo aos inmobles situados cara ao sur da igrexa que quedaron fóra da primeira fase para non remitir todas as augas á mesma estación depuradora.
Os colectores discorren polas marxes de camiños e estradas e por fincas particulares debido á orografía do lugar e á dispersión das vivendas. A pendente do terreo fai necesario executar pozos de resalto en puntos concretos para resolver satisfactoriamente o desnivel a salvar ata chegar ao punto de depuración.
Este sistema de depuración estará composto por una fosa máis filtro compacta cunha cámara de decantación secundaria, fabricada en fibra. Na entrada á fosa colocarase unha arqueta de desbaste, e á saída un pozo de rexistro destinado á recollida de mostras.
A Xunta mantén o seu apoio técnico e financeiro aos municipios, en especial aos de menor tamaño, para que estes poidan prestar de xeito máis eficaz os servizos básicos de saneamento e abastecemento aos veciños e veciñas.





















O cambio resulta necesario porque a instalación das atraccións impide o paso dos camións de recollida por estes puntos. O contedor situado na Travesía Granxas trasladarase á avenida de Vilalba, mentres que o instalado na rúa Antonio Roca pasará á rúa Suasbarras. Ademais, o Concello reforzará a dotación de contedores no Campo da Festa e no Campo da Pascua, onde se colocarán máis unidades para atender o incremento de residuos previsto durante a celebración. Desde o Concello agradécese a comprensión á veciñanza polos cambios realizados e lémbrase a importancia de depositar os residuos nos contedores situados nas novas localizacións, co fin de facilitar o correcto funcionamento do servizo de recollida.
O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



