O portavoz explicou a necesidade dunha xestión responsable das praias do municipio, pois as irregularidades nestas provocan que as boas cifras do turismo en Ribadeo se vean empañadas
Ribadeo, 1 de setembro de 2022. O portavoz do PP de Ribadeo, Dani Vega, e a viceportavoz, Elena Sierra, fixeron un resumo da actividade política en Ribadeo durante os meses do verán na sede do partido. Para Elena Sierra, a pesar da cantidade de xente que visitou a vila, “dimos una mala imagen debido a una pésima gestión por parte del gobierno del BNG. Este verano, en vez de desaparecer los problemas que llevamos arrastrando de invierno, se han incrementado”. Con estas palabras, Sierra explica que a situación do concello en certas materias está a punto de colpsar.
Falta de limpeza
A viceportavoz resaltou que os contenedores do lixo levan todo o verán desprendendo un olor insoportable. “Los contenedores están repletos de bolsas de basura y las gaviotas dan buena cuenta de ello esparciendo los restos de desperdicios por el suelo” engade a popular.
Sierra abordou outros temas como a falta de hixiene nas rúas e o mal olor que desprenden as alcantarillas, pois “muchos locales de Ribadeo se quejan del olor que están sufriendo continuamente tanto en su salud como en el propio negocio y encima provocando la aparición de ratas”.
Nesta misma liña de suciedade e decadencia están as áreas recreativas e xardíns onde “vemos que el gobierno del BNG solo se acuerda de estas zonas cuando hay un evento destacado”. Ademais, nos parques a situación é moi similar, a deixadez é exacerbada. “No puede ser que parques como el de la calle de los Fierros, esté cerrado por obras, unas obras que llevan paradas todo el verano” engade Elena.
Ausencia de servizos básicos en praias
A viceportavoz destaca a ausencia de traballo no tema das praias en Ribadeo. “Todos nos sentimos muy orgullosos del patrimonio turístico de Ribadeo, sobre todo en las playas, pero es que falta mucho trabajo para poder paliar la necesidad de mejoras en los servicios básicos”.
O maior exemplo disto é a praia das Catedrais, unha das prais máis visitadas en todo o país durante todo o ano e que ten uns horarios de baño para acceder a ela que son un despropósito. “Además de este problema tenemos que añadir el de la nefaste gestión del aparcamiento y la ausencia de papeleras” engade Elena. Estes problemas persisten tamén en outras praias moi concurridas como é a de Esteiro, Os Castros e a dos Bloques.
Por outra banda, a praia de O Cargadoiro é un caso especial, pois moita xente que non dispón de coche para desplazarse é a súa mellor opción, e leva cerrada por terceiro ano consecutivo sen dar as explicacións pertinentes.
Para o portavoz do PP en Ribadeo, Dani Vega, é unha pena que as boas cifras de turismo que está a ter o municipio este verano véxanse empañadas pola nefasta xestión do goberno municipal en materia de saneamento e prestación de servizos básicos nas praias.
Propostas e alternativas
Pola súa parte, Dani Vega recalcou que “Ribadeo nunca estivo tan sucio, e por iso, como grupo da oposición propoñemos unha alternativa”. Así, Vega refírese a unha proposta de elaboración dun calendario que “xa formou parte da vila no seu momento” e que determinaba a limpeza que ten que ter as rúas de Ribadeo.
O popular explicou que este calendario de limpeza aplicaríase tamén nos contenedores e as zonas máis afectadas pola nefasta xestión do goberno municipal. “O que queremos é un Ribadeo que loita pola defensa do medioambiente no día a día, un concello limpo e defensor das áreas verdes” engade Vega.
Por outra banda, no grupo municipal proponse unha solución que resolvería os problemas cos contenedores, o lixo e o malo olor que hai nas rúas de Ribadeo. Consistiría nunha App que permita ao servizo de basura saber cal é o estado dos contenedores. “Cando estén a rebosar de bolsas chegaría unha notificación ou alerta aos traballadores, e así en horas determinadas como poder ser cando a hostelería saca a basura despois dunha xornada de traballo poder ir a recoller toda esa basura” explicou Dani Vega.
O portavoz resaltou a deixadez do goberno do BNG: “Se houbera unha ilusión por un Ribadeo limpo puido haberse evitado, pero o único que fixeron desde o BNG foi botar a culpa aos veciños, ao comercio e á hostelería por levar as bolsas de lixo aos contenedores”.
Outra das solucións que se propoñen é un incremento da partida presupuestaria nesta materia e o reforzo de personal para contratar máis xente. “É lóxico que se incrementa a poboación se necesite máis profesionais. Algo que parece de sentido común e do que carece o BNG” di Vega.
.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



