Os investimentos na rede dos últimos tres anos permitiron un mellor uso da auga e un verán sen apenas incidencias no municipio
Barreiros, 9 de setembro de 2022. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, acompañada do goberno municipal, visitou nesta semana o inicio das obras de renovación da tubaxe de abastecemento de auga potable entre San Cosme e os núcleos de A Áspera e Vilar.
Os traballos, que se levarán a cabo nas vindeiras semanas, suporán a renovación da canalización desde San Cosme por medio de tubaxe de 160mm de diámetro ata o cruce de enganche coa rede de subministro a ditos barrios, así como a execución das arquetas de conexión precisas para garantir o abastecemento a ambas poboacións. Estas obras, foron adxudicadas por un importe de 65.027,46 euros á empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa, SL; contando cun finanzamento do 95% da área de medio rural da Deputación Provincial de Lugo, dirixida por Mónica Freire.
A alcaldesa explicou que “este tramo do abastecemento atópase en dous estados diferentes: un primeiro tramo que está executado en precario desde hai bastantes anos -a raíz dos continuos problemas que xurdían na zona-, con unha tubaxe ao aire libre que non cumpre cos mínimos urbanísticos nin de saúde pública, que se trata dun material plástico exposto ás inclemencias meteorolóxicas e polo tanto, ás modificacións que poida sufrir o material polo que discorre a auga potable como consecuencia dos cambios de temperaturas. Un segundo tramo, discorre por tubaxe antiga de fibrocemento que está sometida a continuos cambios de presión en función do consumo e que xera constantes problemas de roturas e avarías que inciden na calidade do subministro de auga que chega a fogares e explotacións existentes”.
Montse Porteiro, concelleira responsable deste servizo, explicou que “se agardou ao final do verán para iniciar as obras co fin de non afectar ao subministro nunha época na que o consumo se incrementa moitísimo e adoita haber máis dificultades. En todo caso, as obras prevén a súa finalización no mes de outubro, polo que queremos pedir comprensión ás persoas que poidan verse afectadas, ben no propio subministro, ben no uso da estrada que baixa cara Viladaíde, xa que afectan a parte da mesma; aínda que se tratarán de minimizar as molestias”.
Revisión e mellora da rede, clave para un uso racional da auga
Deste xeito, o Concello de Barreiros continúa a realizar investimentos na rede de abastecemento de auga potable poñendo solucións a problemáticas existentes desde hai moitos anos e que afectaban dun xeito moi importante ao subministro.
Nos últimos tres anos, os investimentos na rede e elementos de abastecemento de auga aproximáronse ao medio millón de euros; o que permitiu atallar grandes problemáticas existentes desde había anos que afectaban notablemente ao servizo que se ofrecía desde o Concello. Neste sentido, a alcaldesa lembra que “este verán, pese á complicada situación hidrolóxica a nivel xeral que supuxo o estado de prealerta de seca desde o mes de febreiro, en Barreiros non existiron incidencias importantes no subministro e por primeira vez en anos, as recomendacións quedaron só niso e non houbo que establecer prohibicións”.
A concelleira delegada encargada do abastecemento de auga potable, Montse Porteiro, amósase satisfeita cos resultados das xestións realizadas, mais anima a “manter a prudencia, pois a situación climática é complexa e a declaración de seca segue vixente; polo que podemos ter un outono complicado en canto ao nivel de auga nos acuíferos.” En calquera caso, Porteiro resalta “ a importancia de realizar traballos que moitas veces non se perciben desde a veciñanza, como a renovación de tubaxes ou a posta en marcha de protocolos de funcionamento que permiten que a auga potable que chega aos fogares non só estea garantida, senón que mellorara notablemente a súa calidade; como acontece cos episodios de turbidez que, se ben é certo que se continúan a producir como consecuencia de ter unha captación natural dun río, foron reducidas ao mínimo e só se dan en momentos moi concretos.”
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



