Burela, 20 de setembro, 2022. Representantes da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela OPP-7 participan esta semana en Bruxelas nas reunións do Consello Consultivo de Mercados da UE (MAC ou Maket Advisory Council), que son as primeiras que se celebran de forma presencial desde xaneiro de 2020.
Este martes tivo lugar a reunión do Grupo de Traballo 3, sobre control e información en cuestións sanitarias e normas para os consumidores, na que tomou protagonismo a frota de palangre de fondo de Burela, que hai uns meses se converteu na primeira frota de altura certificada por “Pescaenverde” polo seu baixo impacto ambiental.
Durante esta xornada, dentro do apartado de “Regra de categoría da pegada ambiental do produto (PEFCR) para os produtos pesqueiros”, e de todo o debate europeo polas declaracións obrigatorias ou voluntarias de sustentabilidade, presentouse a certificación “Pescaenverde” da Universidade de Santiago de Compostela, que garante unha baixa pegada carbono e alta taxa de retorno enerxético nas actividades produtivas pesqueiras.
Amaya Ordóñez, consultora da empresa Inxenia e auditora autorizada pola USC en canto á marca ‘Pescaenverde’, encargouse de presentar algúns aspectos sobre a certificación da principal frota e pesqueira do porto de Burela. O 100% da frota que pesca a pescada do pincho de Burela en augas europeas cumpre os cocientes impostos para a devandita certificación, cunha baixa pegada de carbono e unha alta taxa de retorno enerxético.
A ‘Merluza D& Burela’ emprega desde o pasado mes de abril este distintivo no seu proceso de comercialización da pescada do pincho para certificala como unha pesca responsable con baixo impacto ambiental, uníndose así á pesca artesanal de Galicia para dar valor aos seus produtos, facendo ver aos compradores que son capturados cunha baixa pegada de carbono e de maneira energéticamente eficiente.
Precisamente este luns a Comisión Europea publicaba no Diario Oficial da UE (DOUE) a prohibición de pesca en determinadas zonas de augas profundas, unha medida que desde o sector táchase de inxusta e innecesaria e que, sen ningunha base científica, pon en perigo a frotas como a do porto de Burela, distinguida polo seu baixo impacto ambiental e por traballar mantendo unha baixa pegada de carbono e altas taxas de retorno enerxético.
O encontro do Consello Consultivo de Mercados péchase este martes en Bruxelas coa celebración da súa Asemblea Xeral. O MAC está composto por máis de 60 membros de 12 estados membros, que na xornada do luns reuniron aos Grupos de Traballo 1 e 2 para tratar diferentes temas relacionados co desenvolvemento dos mercados da Unión Europea para os produtos da pesca e acuicultura.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



