Os laranxas seguen sumando boas sensacións na súa preparación
Burela, 3 de setembro, 2022. Primeira parte con pleno dominio do CD Burela FS, que serían partícipes de todas as ocasións e control do xogo. Inauguraría o marcador no minuto 6, tras unha triangulación magnífica do equipo, Alberto, que recibiría o balón ao segundo pau. No minuto 9 Nando anotaría o segundo cun disparo coa zurda e así debutar co seu primeiro gol persoal. Un minuto despois, Eloy, desde unha xogada polo á esquerda anotaba gol con outro disparo coa zurda portente. A isto seguíalle o gol de Lucho outro minuto máis tarde, aproveitando un balón a área. O último gol da primeira parte anotaríao Nando, co seu dobrete, facendo que os laranxas fósense ao descanso con vantaxe de cinco goles.
Segunda parte co mesmo protagonismo para os laranxas. Aínda que o partido baixou en intensidade, os dous equipos fundíronse fisicamente. O máis transcendental desta segunda metade foi o gol de Lucho para facer o sexto, cun disparo coa zurda e algún intento de recortar distancias por parte do Ribeira que detería Kaluza de forma eficaz. Finalmente, o resultado sería o de 6-0 a favor do CD Burela FS.
Ficha técnica
CD Burela FS: Bruno, Isma, Antón, Lucho, David Pazos, –cinco inicial- Lucas, Nito, Alberto Mirás, Rikelme, Eloy, Nando, Hugo e Kaluza.
Ribeira FS: David, Quintela, Martín, Fucho, Christian, -Cinco Inicial- Regueiro, Fran, Villa, Areñas, Pablo, Rubén, Cisco e Jocel.
Goles: Min 6 Antón 1-0; Min 9 Nando 2-0; Min 10 Eloy 3-0; Min 11 Lucho 4-0; Min 14 Nando 5-0; Min 25 Lucho 6-0.
Árbitros Carlos Mosquera González, Eloy Bello Gómez e Arcy dos Santos. Cartón amarelo a Cisco.
Incidencias: Partido amistoso celebrado no Pavillón de Marzán





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


