O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria recibiu esta semana na Cidade da Cultura aos participantes desta escola internacional de verán
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2022. O Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) Pedro Murias de Ribadeo, dependente da Consellería do Medio Rural, acollerá desde hoxe e ata o próximo mércores preto dunha trintena de alumnos da Agrobiodiversity Summer School, unha escola internacional de verán na que se atenderán as diferentes perspectivas arredor da agrobiodiversidade e a súa contribución á sustentabilidade e á resiliencia dos sistemas alimentarios. O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, recibiu esta semana aos participantes na Cidade da Cultura, como preludio das visitas que farán ao centro ribadense.
En concreto, matriculáronse na iniciativa 27 persoas dun total de 11 países: España, Suíza, Alemaña, Francia, Eslovenia, Hungría, Austria, Portugal, Italia, Brasil e India. En pequenos grupos e da man de expertos internacionais e produtores agroecolóxicos, terán a oportunidade de investigar en profundidade os retos e desafíos dos sistemas de produción locais existentes e como a cadea alimentaria está conectada coa agrobiodiversidade.
Así, as sesións teóricas desenvolveranse no CFEA de Ribadeo e no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (Cispac). A maiores, e deica o próximo sábado 10 de setembro, están programadas diversas visitas a casos prácticos, sobre os que os alumnos terán que traballar. Nomeadamente, a explotacións de Laíño (Dodro), Baroña (Porto do Son), As Fadegas (Ribadeo), Arqueixal (Palas de Rei), Fabas de Lourenzá (Lourenzá), El Cabillón (Tapia de Casariego) e Ostras del Eo (Castropol)·
A iniciativa
A Agrobiodiversity Summer School é unha colaboración entre o grupo de investigación ZHAW Geography of Food, o Swiss Research Institute of Organic Agriculture (FiBL), a Universidade de Santiago de Compostela (USC) -a través do grupo de investigación de historia agraria e política do mundo (Histagra)-, o Cispac e institutos de investigación de Eslovenia e Hungría, nos que terá lugar o curso os próximos anos.
A agrobiodiversidade inclúe a diversidade de cultivos e especies e variedades gandeiras, a diversidade de sistemas de produción e abastecemento de alimentos, así como as diferentes prácticas e intensidades agrícolas e a biodiversidade que apoia indirectamente a agricultura mediante a provisión de servizos ecosistémicos. Polo tanto, a agrobiodiversidade é esencial para os manexos da terra adaptados localmente e resilientes en todo o mundo e, en última instancia, contribúe á consecución de varios dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



