No PP avisan de que “se non se contratou de maneira correcta, alguén terá que dar as respostas adecuadas, non sabemos se diante da autoridade laboral o dun xulgado, pero isto non pode quedar así”
Foz, 30 de setembro de 2022. Os socialistas teñen demostrada unha inmoderada propensión a xogar demagoxicamente co principio de participación cidadá, pero, á hora da verdade, exercen o poder, en todos os ámbitos institucionais, poñendo todo tipo de atrancos á participación real, incluso dentro do marco das esixencias puramente legais. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, é un exemplo de como entre o relato socialista e a realidade hai un inmenso abismo. Cajoto respondeu no pleno con evasivas ás preguntas do PP en relación coa contratación dos socorristas auxiliares. O portavoz do PP, Javier Castiñeira, sinala: “Cando un alcalde non responde ás preguntas concretas que fai a oposición e para sospeitar de que hai algo ilegal porque incumpre a Lei de Bases de Réxime Local”.
Castiñeira explica: “No pasado mes de xullo o PP preguntou ao alcalde se os socorristas auxiliares estaban contratados conforme ás bases establecidas pola Lei Galega de Socorrismo. No mes de xullo non quixo contestar, en agosto non houbo pleno e agora en setembro contesta con evasivas e non responde concretamente. Limítase a dicir que estaban contratados con base en pregos municipais, pero non aclarou se cumprían a Lei Galega de Socorrismos”.
A vista das circunstancias, os populares din que “é fácil intuír que non cumprían a lei e que presuntamente estamos diante dunha ilegalidade”. Castiñeira engade: “Que non queira darnos unha resposta é clarificador de como actúa o equipo de goberno: con falta de transparencia incluso nos plenos e con presuntas ilegalidades na contratación. É un tema serio e o alcalde debía ser moito máis transparente e ser claro”.
No PP lembran que Cajoto “xa tivo problemas o ano pasado con respecto á autoridade laboral, que pediu documentación”. O portavoz popular indica; “É un tema serio, porque o socorrismo é unha actividade de risco e o Concello non pode ter a estes traballadores sen cumprir debidamente a lei galega. O PP vai seguir solicitando do Concello que se nos informe da realidade e de se houbo ilegalidades”.
Castiñeira avisa: “Se non se contratou de maneira correcta, alguén terá que dar as respostas adecuadas, non sabemos se diante da autoridade laboral ou dun xulgado. Isto non pode quedar así. Recomendámoslle ao alcalde que cumpra a Lei de Bases de Réxime Local e que responda concretamente ás preguntas da oposición, porque senón non é que falte ao PP é que falta a todos os veciños”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



