Estas máquinas quedaron colocadas na zona exterior desta dotación social da Deputación de Lugo e son específicas para traballar a psicomotricidade, mellorar o benestar e a súa saúde física e mental das persoas maiores
Lugo, 1 de setembro de 2022. Os residentes dos Centro de Atención a Maiores (CAM) da Deputación de Lugo en Trabada dispoñen dun conxunto de aparatos biosaudables para facer exercicio que instalou o Concello. O equipamento sitúase na zona exterior da residencia e é específico para traballar a psicomotricidade, mellorar o benestar e a saúde física e mental das persoas maiores.
En concreto, o Concello de Trabada instalou uns raís paralelos e un volante. Os primeiros serven para mellorar a forza muscular das extremidades superiores, ombros, peito e costas; e o segundo permite que dous usuarios á vez poidan traballar a coordinación e a flexibilidade.
“Tanto na Deputación de Lugo como no Concello de Trabada estamos comprometidos, e así o estamos a demostrar, co benestar dos nosos maiores. Temos claro que a atención ás persoas é prioritaria e traballamos de moitas maneiras para conseguilo”, sinalou a Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez.
García Bermúdez destacou que “neste caso, a instalación non supuxo apenas esforzo económico para o Concello, porque xa tiñamos as máquinas e reparámolas para poñelas á súa disposición, pero para os usuarios e usuarias desta residencia supón moito, porque poden exercitarse ao aire libre dentro do propio centro, mellorando a súa calidade de vida”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



