Efrén Castro presentou o programa das festas xunto á Asociación As Lucas e membros da corporación municipal
Lugo, 10 de outubro de 2022. O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu esta mañá a presentación da 866 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros. O deputado Efrén Castro na que participou tamén o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Paz, o pregoeiro desta edición Modesto Díaz, e o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, así como representantes da corporación municipal.
O mundo do cabalo será protagonista das San Lucas co paso dos cabalos polas rúas e Praza da Catedral de camiño á feira (luns 17, ás 18.00 horas), así como o propio mercado (martes 18, todo o día), diferentes certames morfolóxicos e de andadura e unha exhibición de doma nocturna espallados ao longo dos festexos. A organización destacou nese senso a celebración por primeira vez dentro da feira do I Concurso de Andadura de Cabalo Marchador Galego, coa colaboración de Puraga, coa que se pretende poñer en valor a raza autóctona.
A programación artellada arredor desta raíz gandeira e popular da feira inclúe diferentes actividades que comezarán o xoves 14 co volteo das campás mamiores da Catedral (13.00 horas) e a lectura do pregón a cargo de Modesto Díaz (20.30 horas), involucrado durante anos na organización das feiras e festas e que, segundo adiantou, prepara un pregón baseado na súa experiencia vital como “un sanluqueiro e un gandeiro máis”.
As San Lucas 2022 manteñen citas culturais tamén tradicionais como a homenaxe e ofrenda floral a Pascual Veiga no Cemiterio Vello (domingo 16, ás 13.00 horas) e un encontro folclórico coa participación dos grupos A Subela, de Foz, Dambara, de Burela, Amado Lar, do Valadouro, e Asubios da Chaira, de Cospeito (domingo 16, ás 18:00 horas), ás que se suman espectáculos de narracion oral e teatro.
Efrén Castro destacou “a raíz gandeira e popular das San Lucas” e ratificou “a disposición da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para colaborar co tecido asociativo e cos concellos en citas coma estas que poñen en valor a tradición ligada ao rural e á gandeiría”. O responsábel provincial lembrou e agradeceu “o traballo realizado pola Asociación As San Lucas, con Miguel Souto á fronte nos últimos anos” e desexou á nova directiva “éxito na tarefa de dar continuidade a unha feira de referencia en Galiza”.






















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).