Os concelleiros populares lamentan os meses de retraso na tramitación da nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar debido a que o alcalde non atendeu ao que lle dixeron no pasado mes de marzo
Foz, 18 de outubro de 2022. Unha vez máis, queda claro, asegura o portavoz dos populares de Foz, Javier Castiñeira, que o alcalde, Fran Cajoto, “acerta cando rectifica”. Así ocorre na licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Castiñeira di: “O tempo dá novamente a razón ao PP cando falamos do SAF, que leva máis de tres anos caducado”. O PP, lembra o seu portavoz, “vén reclamando ao goberno local que canto antes actualice ese servizo”. En marzo pasado, o PP avisou a Cajoto no pleno de que a memoria para a licitación “estaba desactualizada, porque era do 2021, prevía prezos totalmente desfasados e custos irreais, moito máis baixos do servizo a día de hoxe; consideraba un IPC que non era o real; incluso ás horas que se prevían eran moitas menos das que actualmente ten autorizadas o goberno”. Agora, por fin, Cajoto rectifica e saca o servizo de novo a licitación, pero cunha memoria actualizada, como lle dicía o PP.
Castiñeira explica: “En marzo pasado, o señor alcalde non quixo facernos caso e seguiu adiante coa licitación. Aos poucos meses tivo que volver atrás por diferentes alegacións. Agora volve sacar o servizo a licitación e faino como lle dixo o PP, cunha memoria actualizada, na que se demostra que o señor alcalde e o equipo de goberno estaban totalmente errados. Dos 5 millóns de euros de custo que estimaban en marzo de 2022, ímonos a 6.500.000 euros; dos 18,10 euros en que calculaba o prezo da hora, agora pasa a 19,75 euros, e das 63.000 horas agora pasamos a 74.400”.
Castiñeira manifesta: “O señor Cajoto acerta cando rectifica e unha vez máis se demostra que o PP tiña razón e que o Partido Popular de Foz está funcionando dende a oposición; o lamentable é que o señor Cajoto non faga máis caso. Estamos contentos de que desta volta poida saír adiante este concurso, pero lamentamos que se perderan meses porque o alcalde non quixo escoitar á oposición, que neste caso tiña moitos máis datos e moito máis traballado ese concurso que o propio equipo de goberno”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



