No PP queren saber que fixo Tomé para evitar que nos orzamentos do Estado queden marxinadas as grandes infraestruturas viarias da provincia
Lugo, 10 de outubro de 2022. A repetición de feitos demostra que non é unha anécdota a desaparición do presidente da Deputación, José Tomé, dos escenarios imprescindibles nos momentos máis importantes para a provincia. O grupo provincial do PP está preocupado por onde está o presidente da Deputación, José Tomé, porque nos momento clave, o máximo representante da provincia desaparece, como está a pasar co proxecto de orzamento do Estado para 2023, claramente discriminatorio para a provincia. O portavoz popular, Javier Castiñeira, lembra que “xa pasou co estatuto electrointensivo, fundamental para Alcoa, e pasoulle co peche de As Pontes, que foi moi lesivo para intereses industriais da nosa provincia; ao final tiveron que ir buscalo a San Marcos os propios traballadores da industria lucense para que dera a cara”. Engade que agora “está pasando coa pesca, porque o presidente da Deputación aínda non pisou un porto de A Mariña, non acompañou aos mariñeiros, ao sector, que está a pasar un moi mal momento; e pásalle sempre cos orzamentos do Estado”.
Castiñeira considera que “o presidente da provincia, en relación cos orzamentos do Estado, non fixo o seu traballo; segue a ser un presidente ausente e totalmente intranscendente para o Goberno central, que está máis preocupado por manter os seus apoios políticos que de atender aos problemas reais, neste caso da provincia de Lugo”. Tomé, segundo os populares, “debera exercer as súas influencias, se verdadeiramente as ten, que dubidamos que as teña, para dar solución aos grandes problemas da provincia”. Din que “non pode permitir despois de tres anos que se conxelen investimentos para as grandes infraestruturas lucenses; autovías de A Mariña, a de Lugo-Ourense ou a do sur da provincia; non pode manterse impasible diante da pésima estratexia enerxética do Estado, que está fulminando a nosa economía, ou o mínimo peso que temos en Europa; lévanos a ser intranscendentes fronte aos seus socios ultramedioambientalistas que prexudican aos nosos veciños”.
Castiñeira declara: “É unha pena que o primeiro dos lucenses, que debe ser o que dea a cara, se esconda debaixo da saia do señor Sánchez, e se limite a xustificalo ou a tratar de facer oposición á Xunta de Galicia”. Dende o grupo provincial do PP esixen “ao señor Tomé que se impoña e que se rebele fronte aos ataques dos seus compañeiros socialistas en Madrid, como fan algúns baróns socialistas que xa empezaron a verlle as orellas ao lobo e tratan de impoñer os intereses dos seus territorios das súas siglas políticas, que, isto último, é o que fai o señor Tomé coa provincia de Lugo”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



