O grupo municipal popular xestionou o orzamento de 22.000 euros da Xunta de Galicia para o acondicionamento da antiga escola de Rochela e a mellora do seu equipamento
Ribadeo, 14 de outubro de 2022. O voceiro do PP en Ribadeo, Daniel Vega, destaca o compromiso do grupo municipal na mellora e acondicionamento das parroquias, atendendo as demandas dos veciños e traballando en beneficio de Ribadeo. Neste sentido, as actuacións levadas a cabo pola xestión do grupo popular é máis que notable como é o caso do cambio da antiga escola de Rochela ou a construcción do aparcamento de Couxela entorno ao teleclube.
Vega di: “O cambio que deu a escola de Rochela é significativo. Invertimos preto de 22.000 euros durante este mandato”. No ano 2019 os populares investiron 9.000 euros para o acondicionamento do centro con modificacións de ventanas, portas e entrega de material escolar. Ademáis, en 2020 incrementouse o orzamento ata 12.800 euros para o acondicionamento da casa que está ao carón da escola e que é propiedade dos veciños. “Fixéronse arranxos, pintamos tanto a casiña como a escola e dotamos de material, mesas e sillas”, di o vicevoceiro.
Por outra banda, estas non son as únicas actuacións que están a mellorar Ribadeo. A Xunta de Galicia investiu 15.300 euros para o acondicionamento do aparcamento en Couxela, entorno ao teleclube. Unha medida que os veciños da parroquia levan demandando desde fai moito tempo polo incremento da poboación na vila e que gracias ao apoio da Xunta “foi posible”.
Os traballos que se van a facer en Couxela para a construcción do aparcamento son moi amplos. A eliminación da soleira, que estaba destrozada, e a súa susbstitución por unha nova soleira de hormigón de máis de 160 metros cuadrados, a canalización dos pluviais, a construcción dun muro laterla para protexer os vehículos e a elimnación de barreiras arquitectónicas, “algo fundamental para que todos os que lle den uso poidan chegar facilmente ao teleclube”.
Pola súa banda, a Asociación de Veciños de Couxela recibiu este ano 17.000 euros para construír unha rampla que lles facilite o acceso ás persoas con mobilidade reducida, ademais de acondicionar a parcela exterior co obxectivo tamén de mellorar a accesibilidade. “Pasiño a pasiño imos mellorando as nosas parroquias”, engade Dani Vega.




















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



