A primeira edición de premios a proxectos alimentarios locais celebrouse esta fin de semana no encontro estatal da Rede de Municipios pola Agroecoloxía en Castellón de la Plana
Ribadeo, 11 de outubro, 2022. A entrega dos premios “Ciudades y Pueblos que Alimentan” celebrouse en Castellón de la Plana, no encontro anual da Rede de Municipios pola Agroecoloxía, onde participaron máis dunha vintena de consistorios de todo o territorio xunto a organizacións sociais adicadas á promoción da agroecoloxía. Esta primeira edición de premios pola agroecoloxía, única en todo o territorio estatal, servirá para visibilizar as mellores prácticas por unha alimentación sustentable, comezando por Valencia, Allariz, Granollers, Valladolid e Eo Alimenta.
Mención especial a Eo Alimenta
A Rede de Municipios pola Agroecoloxía otorgou unha mención especial ao proxecto Eo Alimenta polo seu esforzo en xerar plans e accións interterritoriais, traspasando os límites administrativos das comunidades autónomas ao centrar a súa Estratexia alimentaria en torno ao río Eo e a súa bacía alimentar. Recolleron o premio Adrián Gallero, coordinador do proxecto Eo Alimenta, María Celis, produtora de Finca El Cabillón, Jonatan Estraviz, membro do grupo motor de Eo Alimenta e César Álvarez, Presidente da Asociación Interrexional InterEo e Alcalde de Vegadeo.
Nova financiación para Eo Alimenta
Pola súa banda, Eo Alimenta foi recentemente seleccionada pola Fundación Carasso para recibir o seu apoio económico e poder continuar deste xeito coa implementación de Eo Alimenta. A financiación recibida pola Fundación Carasso para os vindeiros 21 meses permitirá acometer a implementación da acción 2.3 da Estratexia Alimentaria do Eo, «Alimentos sustentables para comedores», consistente no impulso da compra responsable de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos por parte dunha selección de axentes públicos e privados do territorio.
Deste xeito, seguindo cunha metodoloxía de traballo participativa, esta proposta plantexa o traballo en dúas direccións: i) o traballo co grupo de persoas produtoras creado durante o proceso de elaboración da estratexia, para organizar la produción, seguir articulando o sector produtivo agroecolóxico do territorio e articular a oferta e distribución de alimentos para proveer aos comedores participantes no proxecto; ii) traballar cunha selección de comedores públicos (centro educativo, centro de día, etc.) e privados (sector da restauración, sector marítimo) para que inicien a compra de alimentos de tempada, proximidade e agroecolóxicos para alimentar ás súas persoas usuarias.
Desta forma, Eo Alimenta pretende contribuir a consolidar no territorio unha demanda de alimentos agroecolóxicos e de proximidade que contribúa á consolidación e a dignificación dos proxectos de produción agroecolóxica do territorio, así como incentivar o aumento de persoas e proxectos adicados no territorio á produción agroecolóxica. Por outra banda, este proxecto permitirá aumentar a capacitación e sensibilización de diversos axentes locais como son o alumnado, profesorado, familias e ANPAS de centros educativos, as persoas usuarias doutro tipo de comedores públicos, o personal laboral de cociñas locais, persoal técnico e político de administracións públicas, etc. Por último, este proxecto contribuirá a aumentar e reforzar as alianzas entre os diferentes axentes vinculados directa ou indirectamente ao ecosistema alimentario.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).


