Viveiro, 11 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro quere aclarar, con respecto ás fochancas existentes na zona da Variante, que en base ás necesidades existentes nas zonas dos paseos marítimos de Covas e Viveiro, atendendo á regulación establecida na normativa en materia de Costas e co fin de poder contar coa cesión da propiedade de varios terreos adxacentes a estes paseos (que hoxe en día forman parte do dominio público marítimo terrestre), procedeu á solicitude da regularización da liña interior de ribeira de mar nestes paseos, tendo en conta que perderon as súas características naturais de zona marítimo-terrestre.
Este trámite permite a declaración de innecesariedade previa á tramitación da desafectación e posterior cesión ao concello. “Despois de multitude de reunións de traballo e de xestións tanto a nivel provincial como estatal, conseguiuse atopar unha vía de saída aos problemas coñecidos por todos nesa zona”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Para esta solución lévase traballando dende hai anos, conseguindo que neste momento xa se atope a punto de rematar a tramitación necesaria para a desafectación deses terreos e posterior cesión ao concello por parte de Patrimonio do Estado.
Neste sentido, cabe subliñar o importante e arduo traballo que se leva facendo dende o concello; resultando un proceso máis longo do inicialmente esperado que puido chegar á súa fase final grazas á preocupación e insistencia deste concello.
Ademais de tratarse dun proceso longo, require da intervención de varias administracións pero que, finalmente, vai permitir que o concello conte coa titularidade dos terreos afectados e poida definitivamente proceder ao seu arranxo.
Ao longo deste proceso, ademais da tramitación correspondente, é necesario contar coa conformidade das administracións competentes, como titulares do dominio. Durante todo este tempo, o Concello de Viveiro non cesou no seu intento e esforzo por lograr unha solución, atopándose neste momento na fase final. A solución a este problema é unha realidade, que xa se anunciou no seu momento, que se publicou e para o que se realizou o correspondente trámite de información pública.
O grupo de goberno considera que “dende a oposición resulta sinxelo facer demagoxia con este asunto, sacando á luz o mal estado actual cando de sobra son coñecedores da imposibilidade por parte do concello de darlle un arranxo definitivo en tanto non conte coa súa titularidade, sen prexuízo dos arranxos temporais que o concello veu realizando ao longo dos últimos anos”.
“Estou de acordo en que se trata dun problema que urxe solventar, pero os tempos e os trámites administrativos son os que son e este concello, sen deixar lugar a dúbidas, sempre traballou na búsqueda dunha solución que agora, podemos congratularnos, se atopa na fase final”, remata a alcaldesa.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



